Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

No pecado vai a penitencia

09:45 24/06/2009

É importante a coherencia na vida, e para algúns –cada vez menos- tamén na política. Supoño que cando alguén toma decisións que poden considerarse “antinatura”, corre o risco que algún día, o que tiña que ser non sexa, e o que é, non o atures.

Unha máxima de Confucio que levo marcada a lume no corazón, fala da necesidade de esixirse moito a un mesmo e pouco aos demais, para desa maneira aforrar disgustos; un axioma incontestable, aplicable ás relacións entre familias políticas, máis obsesionadas coa supervivencia no poder caïa quen caïa, que na coherencia dun discurso ideolóxico perfectamente artellado, que faga non mudar principios anteriormente inmutables, por riba de discutibles intereses persoais. As alianzas entre tribunos para designar cónsul tiñan que facer fronte ao desexo do César (neste caso chámenlle “Cesariño”, pola súa capacidade de liderado), mais cando rachan pola obsesión de poder dalgún, poden provocar novas alianzas con novos tribunos que por pensar lexitimamente de forma diferente na súa concepción do Imperium, provoquen que rachen os que tiñan a mesma. Non vale todo con tal de estar subido sempre ás túas cuádrigas manexadas por aurigas desexosos de baixarte delas, para iso é mellor apearte para non corre-lo risco de morrer contra os muros da dignidade existencial.

O cónsul sabe do perigo do tribuno que o apoiou sen crer nel, e agora busca gardar as costas, para que as dagas que outros levaron no lombo non rematen no seu, pois unha vez alcanzado o “consulato” con lexitimidade, é lóxico que poñas os teus propios centurións para gardar as costas. Agora tiran a pedra e esconden a man; as mensaxes na procura de apoios da túa xente para facer fronte ao cónsul que algúns uparon, poden volverse en contra e obrigarte a vivir de xeonllos mentres outros preferiron a dignidade de morrer no coliseum.

Ferven as burgas e a súa auga xa non cura. Auriense enfrontase ao lexítimo cónsul de Gallaecia demasiado tarde. O disco volve soar e non estamos na canción que queremos estar…

Ou non?

4,76/5 (120 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).



Máis opinións