Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

Imos contar mentiras…

13:34 12/04/2010

Un ano despois da vitoria dos populares nos comicios galaicos, as tropas de Feijoo celebran en Compostela, que unha vez derrotado o exército "vermello", a guerra rematou, e entramos nun período de “pax feijooiana”, no que a estabilidade do anteriormente inestable, só pode ser comparada coa liberdade lograda, fronte a imposición do goberno bipartito, de averna inspiración.

Nunha Galicia na que os indicadores económicos melloran mes a mes, na que as cifras do paro descenden como se dunha pendente de Manzaneda se tratase, e na que a creación de empresas só é comparable aos anos da primeira revolución industrial, os galegos sentímonos reconfortados, mirando cara a Casona do Horreo, ao aprezar como o goberno lidera este país de xeito exemplar cara a saída da crise, como o PSdeG no seu grupo parlamentario é unha balsa de aceite na que todos reman cara o mesmo obxectivo e os “touriñistas” están felices cos seus compañeiros de escano, dos que nunca falan mal en privado, mentres nas bancadas nacionalistas transmítese unha ilusión desbordada polos bos augurios de cara ás eleccións municipais, baixo o liderado de Guillerme Vázquez, faro de referencia indiscutido, fronte á coñecida inutilidade dos períodos anteriores do mediocre Xosé Manuel Beiras e o pouco dotado para a política Anxo Quintana.

A referencia debería ser o PPdeG, na que o Decreto do Galego conseguiu a unanimidade tantos dos seus dirixentes como das bases, ou o propio PSdeG, no que alcaldes do primeiro nivel e capacidade de Abel Caballero, buscaron dende o primeiro momento o interese xeral de Galicia, por riba de localismos que non levan a nada, e que o PSdeG referenda, polo seu afán de facer país, e en ningún caso a tentación de facer desgaste electoral por riba dos intereses de Galicia.

Esperanzadas están as forzas da oposición ao comprobar a mediocridade do líder dos populares, fronte aos seus, cuestión que sen dúbida vailles levar de súpeto a recuperalo poder que as urnas lles quitaron. As expectativas electorais de BNG e PSdeG son, segundo as enquisas  internas que manexan as tres formacións parlamentarias, o probable punto de partida para derrotar a unha formación conservadora que en Galicia gaña habitualmente, por tres factores que son o "parva" que é a xente, "La Voz de Galicia", e o sistemático carrexo dos votos.

Mentres Feijoo segue coa súa obsesión por Galicia sen querer saber nada da política estatal, que ten descartada como obxectivo, e Xosé Blanco, ninguén podería sospeitar que é galego, sendo ministro de Fomento, e non facendo investimentos practicamente no na nosa terra, sinal inequívoco que non ten ningún tipo de aspiración política nela.

Os galegos podemos estar tranquilos. Nun dos períodos de bonanza económica máis importantes da Historia, os nosos políticos son os axeitados para levarnos por fin a converxer cos pobos máis desenvolvidos do estado español e de Europa.

Tra-la-rá...

Ou non?

4,78/5 (79 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).



Máis opinións