Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Director

Ramón Vilar Landeira (Rodís-Cerceda, 1973). É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Antes de asumir a dirección de Vieiros, traballou como redactor en La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

A súa andaina como xornalista principia en La Voz de Galicia. Na edición de Carballo deste xornal, mantivo ao longo de máis de dous anos unha columna de opinión diaria titulada Radiografías. Pouco despois, no mesmo medio, encargouse de cubrir as noticias da bisbarra de Ordes para a edición de Santiago. Dende finais de 2004 ata a súa chegada a Vieiros, formou parte da redacción de Faro de Vigo en Deza-Tabeirós/Montes.

Outra faceta súa é a literaria. Como escritor en lingua galega obtivo diferentes premios de poesía e narrativa. Entre outros galardóns destacan o Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà ou o Valle-Inclán de Relato Curto. No eido xornalístico o Concello de Carballo outorgoulle en 2006 o segundo premio polo artigo Un idioma na cetaria, que versaba sobre a normalización lingüística.

Dende finais de outubro de 2006 o seu novo enderezo é director@vieiros.com.