Vieiros: Galiza Hoxe http://vieiros.com/ultimas vieiros.com http://vieiros.com/ultimas http://www.vieiros.com/imx/10anos.gif Cada día Vieiros bótalle un ollo á comunidade de Vieiros. Sun, 17 Nov 2024 11:50:34 +0100 http://vieiros.com gl <![CDATA[Caixa Breogán e o Pastor pasan as probas de resistencia]]> http://vieiros.com/nova/80366/caixa-breogan-e-o-pastor-pasan-as-probas-de-resistencia http://vieiros.com/nova/80366/caixa-breogan-e-o-pastor-pasan-as-probas-de-resistencia Fri, 23 Jul 2010 20:55:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80366/caixa-breogan-e-o-pastor-pasan-as-probas-de-resistencia <![CDATA[Regresa o Culturgal]]> http://vieiros.com/nova/80365/regresa-o-culturgal http://vieiros.com/nova/80365/regresa-o-culturgal Fri, 23 Jul 2010 20:55:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80365/regresa-o-culturgal <![CDATA[Independencia, creatividade e esplendor]]> http://vieiros.com/nova/80364/independencia-creatividade-e-esplendor http://vieiros.com/nova/80364/independencia-creatividade-e-esplendor Sat, 24 Jul 2010 00:00:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80364/independencia-creatividade-e-esplendor
Manter esa liña e o noso labor informativo diario consolidounos como referente. O seguimento da crise do Prestige pode ser un exemplo paradigmático, Vieiros, espremendo ao máximo os seus limitados recursos abriu unha fenda nun contexto de forte presión censora. Esa forma de facer, aplicable a moitos máis casos, foi o espirito do que nunca desfalecemos.

Dedicámonos asimesmo a abrir o campo de xogo, demos voz a todas as sensibilidades dunha sociedade plural que compartía a arela de defender e facer avanzar o país. Nel sempre estivemos centrados, tanto editorial como formalmente, pensando o mundo desde aquí.

Vieiros optou desde os seus comezos por converterse no medio de comunicación dunha sociedade que estaba por vir, pero que un día chegaremos a ser. Camiñar cara a realidade na que nos gustaría vivir implica non deixarse controlar. A nosa radical independencia trouxo custos. Vivimos nun país cun escaso nivel de cultura democrática, cun quefacer informativo moi centrado en persoas no canto de ideas ou procesos. Informar desde esa postura independente e poñer ideas enriba da mesa provocou problemas, incomprensións e mesmo ataques desde todas as opcións ideolóxicas.

Pero tamén é xusto dicir que neste camiño gañamos moitos amigos e moitos parabéns. Aquí sempre atoparon abeiro todas aquelas persoas e entidades que buscasen un espazo aberto, plural, normalizador, independente e en galego. Sempre cremos que entre todos, sexan de quen sexan, con repecto e esforzos compartidos, é como vai avanzar o país.

Ao longo destes quince anos, o editor e todos os que aquí traballaron, especialmente os directores Daniel, Rocío, Anxo, María e Ramón, así como Roberto, o xefe de redacción, e os xornalistas que até aquí chegamos, compartimos a idea de que este medio se tiña que ir facendo en colaboración con opinadores e lectores. E así foi, mesmo contando con personalidades tan plurais, demos conseguido manter unha liña editorial clara ao longo do tempo e realizar un xornal que moito máis que dunha ou outra persoa foi un logro colectivo. Esa foi a nosa máis rendíbel aposta pola creatividade.

A maiores desta, esplendor e independencia, foi o que intentamos achegar a uns lectores que coma ti son creativos, respectuosos, ilusionados, críticos e solidarios, en definitiva, esplendorosos e independentes, e agardamos ter aberto novas rutas para que o país, algún día, tamén o sexa.]]>
<![CDATA[Un país normal]]> http://vieiros.com/nova/80363/un-pais-normal http://vieiros.com/nova/80363/un-pais-normal Sat, 24 Jul 2010 00:00:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80363/un-pais-normal
Os medios en galego viviron e viven fundamentalmente da publicidade e convenios institucionais e en moita menor medida do escaso mais valioso apoio privado. A aposta pola publicidade en galego e en medios en galego ainda non callou nas nosas empresas. A situación na prensa noutras linguas non é moi diferente, e en maior ou menor grao, o apoio das administracións é decisivo para a súa supervivencia. Pero os nosos medios son máis novos, con menos capacidade empresarial e máis febles ca outros sistemas mediáticos que acumulan décadas (cando non séculos) de experiencia ás súas costas.

Se a lingua é o principal eixo sobre o que vira a nosa identidade, o apoio aos medios que intentan que sexa unha ferramenta cotián debería ser unha cuestión estratéxica de calquera poder público, chámese este Xunta, Deputacións ou Concellos. A realidade, cando xa logo van tres décadas da nosa Autonomía, foi e é ben outra.

Nin os primeiros executivos propios, nin a longa etapa Fraga, nin o bipartito, nin aínda menos o actual Goberno amosaron interese en favorecer un espazo real para o florecemento dos medios privados en galego. Mais tamén é certo que de todos é a responsabilidade última. Non sermos quen de construír medios fortes que sexan o espello dun país máis dono e orgulloso do seu, non é máis que o reflexo no cristal da nosa realidade como sociedade.

Houbo e hai iniciativas que intentan facer normal o que é anormal. Sen dúbida o mellor exemplo son os xornais e publicacións que comparten a Asociación de Medios en Galego. Constituída en 2004, esta entidade procura consolidar un espazo comunicativo empresarial e profesionalizado na nosa lingua. Eis o pulso case heroico que seguen a manter medios imprescindíbeis como A Nosa Terra, Terra Cha Xa, A Peneira, Galicia Hoxe, O Sil, De Luns a Venres ou Tempos Novos. Tarefa de todos é soprar para que esta agra sexa cada vez máis vizosa, un alicerce fundamental para conseguir a arela de sermos un país normal.]]>
<![CDATA[Até sempre]]> http://vieiros.com/nova/80362/ate-sempre http://vieiros.com/nova/80362/ate-sempre Sat, 24 Jul 2010 00:00:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80362/ate-sempre ]]> <![CDATA[A RAG presenta un recurso contra o decretazo]]> http://vieiros.com/nova/80361/a-rag-presenta-un-recurso-contra-o-decretazo http://vieiros.com/nova/80361/a-rag-presenta-un-recurso-contra-o-decretazo Fri, 23 Jul 2010 13:45:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80361/a-rag-presenta-un-recurso-contra-o-decretazo <![CDATA[No 25 de xullo, "que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas"]]> http://vieiros.com/nova/80360/no-25-de-xullo-que-a-fogueira-do-esprito-siga-quentando-as-vosas-vidas http://vieiros.com/nova/80360/no-25-de-xullo-que-a-fogueira-do-esprito-siga-quentando-as-vosas-vidas Fri, 23 Jul 2010 13:45:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80360/no-25-de-xullo-que-a-fogueira-do-esprito-siga-quentando-as-vosas-vidas <![CDATA[Eganet tacha de "intromisión empresarial"un programa das cámaras de comercio]]> http://vieiros.com/nova/80359/eganet-tacha-de-intromision-empresarial-un-programa-das-camaras-de-comercio http://vieiros.com/nova/80359/eganet-tacha-de-intromision-empresarial-un-programa-das-camaras-de-comercio Fri, 23 Jul 2010 11:25:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80359/eganet-tacha-de-intromision-empresarial-un-programa-das-camaras-de-comercio <![CDATA[O Estado Español continuará a non recoñecer a independencia de Kosovo]]> http://vieiros.com/nova/80358/o-estado-espanol-continuara-a-non-reconecer-a-independencia-de-kosovo http://vieiros.com/nova/80358/o-estado-espanol-continuara-a-non-reconecer-a-independencia-de-kosovo Fri, 23 Jul 2010 09:25:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80358/o-estado-espanol-continuara-a-non-reconecer-a-independencia-de-kosovo <![CDATA[Este verán: Tola atrás de ti!]]> http://vieiros.com/nova/80357/este-veran-tola-atras-de-ti http://vieiros.com/nova/80357/este-veran-tola-atras-de-ti Fri, 23 Jul 2010 09:45:00 +0000 http://vieiros.com/nova/80357/este-veran-tola-atras-de-ti No podio tamén: 'Amorío no estío', 'Galician Punchi Ghaiteira' e 'A marajota'. ]]>