Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

É Acebes do PSOE?

10:30 03/08/2007

Esta é a cuestión que comenza a facerse moito militante de base do PP. A gota que colmou o vaso foi a demisión de Josep Piqué en Catalunya, ante o contínuo entorpecemento e intromisión de Génova, na súa xestión á fronte do Partido Popular Catalán. A máis que evidente influenza da "santísima trinidade" da dereita máis dereita española, é decir, FAES (inductor), algúns" xornalistos" madrileños (conductores), Acebes (executor), comenza a dar os seus froitos en forma de demisións, (Matas e Piqué), e mostras de desacordo, (Gallardón), e todos aqueles que queren un PP de centro reformista e non o que pretende o ala dura do partido, liderada polo devandito secretario xeral, que é un partido de dereita pura e dura liberal-conservador co que as bases semellan non estar moi ilusionadas.

Piqué pretendía “catalanizar” á formación conservadora, co obxetivo de ser un partido ao que a cidadanía catalá puidese ver como alternativa a CIU, representante da burguesía e dos poderes económicos cataláns, e opositor a un PSC, sen dúbida a formación con máis independenza dentro do comité federal do PSOE.

Os resultados de Piqué de feito non foron os mellores no tocante ao valor cuantitativo deles, mais sí semella que as causas poden atribuirse máis á imaxen de dureza, para algúns “catalanofobia” (termo sen dúbida inxusto, pois ter unha diferente visión do país non implica fobias senón visións diferentes, debate político en definitiva) que transmiten dende Madrid, que pola xestión de Piqué ao que a clase política e a cidadanía sí considera un político moderado de centro. Esas mezquindades das que falaba o político catalán na súa carta de demisión, deberían desaparecer, as divisións e as venganzas en política son negativas, o electorado as castiga , e as actitudes cainitas sempre pasan factura, e diso no PP “genovés” poden escribir varios tomos dunha enciclopedia adicada a falar das miserias na politica. O PP precisa dunha glásnost que provoque unha apertura de determinados postulados, e un non tan ferreo control por parte do seu secretario xeral.

As repercusións que pode ter este conxunto de medidas “Acebianas” en Galicia, son máis que evidentes. A dirección do PPdeG definitivamente alonxada de calquer atisbo de galeguismo, que nesta nova etapa nunca deixou de ser máis que unha etiqueta e non unha realidade, seguramente sentirase cómoda ante a ofensiva “genovesa”, pois non olvidemos de de alí veu o cambio producido neste período post fraguiano.

Acebes e os seus acólitos perxudican con cada medida calquer esperanza de ter un partido moderno, europeo e que represente a unha enorme parte da sociedade española e tamén, como non, a galega, de centro e no caso da nosa Terra galeguista e comprometido co país.

De todo elo podemos argumentar irónicamente, se non fose polo triste do tema, o convencimento de que Acebes é en realidade un “toupo” do PSOE disposto ao que sexa con tal de favorecer aos socialistas cada vez que fai unha declaración política. Apliquemos a lóxica e preguntémonos se un só dirixente do PSOE quere a demisión de Acebes. A resposta é evidente, NON, prefiren que sega á fronte dos conservadores, pois ven na súa persoa unha debilidade máis que atacable.

O mesmo día da dimisión de Piqué, decía Rajoy que éste “fixera o que puido” a frote dos conservadores cataláns, eu penso que Rajoy, de sempre un político moderado e que merece o meu respeto, tamén fai o que pode a fronte dos populares españois, o que pasa é que ao mellor non é suficiente, pero ben, teremos que seguir esperando un “rato”…

4,19/5 (113 votos)



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).



Máis opinións