Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

Retais galaicos

18:00 26/03/2010

Se un se detén a ler a prensa destes días de xeito máis ou menos teimudo, observa que o debate político xira sobre eixes desengraxados, que alteran o correcto funcionamento dos motores da nosa sociedade.

Por exemplo, o debate sobre a “lei do solo” e as distintas posturas do PPdeG e o BNG, que non semellan estar próximas, nin visos de facelo nunca. Os concellos do país, as empresas de construcción, e os traballadores das mesmas, non poden estar no permanente limbo xurídico ao que pode chegar unha administración á que constantemente estanlle cambiando os criterios aos que cinguirse, o que provocou durante tanto tempo, a lamentable política de moitos alcaldes pouco escrupulosos coa defensa da ordenación do territorio, do “ti vai facendo”. Debemos partir para un consenso de principios básicos como a absoluta protección da rede natura e a súa posible ampliación, e unha lei de protección de espazos naturais, medida que quedou coxa na anterior lexislatura, a pesares das boas intencións de inicio de Pachi Vázquez como conselleiro de medio ambiente, con moitas máis cousas positivas que negativas na súa xestión. Agora o PSdeG, por motivos que non están claros, -polo menos cara á opinión pública-, non está, aínda que si se lle espera. Nunca compartín a política da abstención en cuestións fundamentais para o país, por consideralo dalgún xeito unha covardía política, aínda coincidindo plenamente con gran parte dos socialistas galegos a defensa de Touriñán, e de calquera espazo de interese ecolóxico potencialmente afectado pola ambición desmedida de xentes pouco comprometidas co futuro desta terra.

Dicíame un íntimo amigo hai poucos días, que a defensa da lingua estaba moi ben, pero que "a destrucción do territorio en tódalas súas modalidades é un drama que require medidas urxentes", e eu ante tan sabias e acertadas palabras, non teño máis que engadir.

Por non falar da sanidade pública e das tentacións neoliberais de privatizar o que nunca se debería. Algúns se aplicasen as mesmas “regras de tres” que utilizan para escudarse noutras teimas do país, debería novamente acudir á opinión da “maioría silenciosa” e darse conta que esta, sen ningún tipo de dúbidas, se en algo está de acordo de xeito masivo e abrumador, é na potenciación do sector público sanitario, que en ningún caso se pode ver recortado pola aposta polo sector privado.

Mentres noutros lares algúns galegos demostran non estar a altura, como é o caso da Ministra de Economía Elena Salgado, á sazón vicepresidenta dun goberno desnortado, e que por riba ten a desvergoña de ofrecer clases de economía sostible á oposición, nestes temos que aturar declaracións totalmente fóra de lugar do Valedor do Pobo contra o BNG, e concretamente contra alguén tan coherente como Alfredo Suárez Canal, acusando o nacionalista de querer “acabar cos dereitos do individuo”, cometendo o valedor unha afronta non “validable” , que probablemente oculte unha vez máis os complexos que algúns teñen no seu subconsciente, e que manifestan con xeitos absolutamente reprobables, no seu comportamento negacionista.

Ou non?

4,57/5 (88 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).



Máis opinións