Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: pnv

Patxi López
30/Xuño/2009 /

O futuro político de Euskadi cocíñase esta semana a lume vivo

O novo paso a prol a ilegalización de Batasuna coincide coa semana de maior actividade de Patxi López dende que chegou á lehendakaritza, entre ameazas do PP e críticas do PNV.


16/Xuño/2009 /

O BNG incorpórase ao grupo do PNV no Senado

Os nacionalistas vascos perderon un membro en favor do PP, un espazo que ocupará o Bloque, a través do senador Xosé Manuel Pérez Bouza.


Antonio Basagoiti
15/Abril/2009 /

Basagoiti quere tombar a coalición PNV-PSE da deputación de Araba

O presidente do PP vasco aposta por apoiarse nos socialistas para recuperar o dominio do ente onde actualmente gobernan os jeltzales co apoio dos de Patxi López.


13/Abril/2009 /

Urkullu denuncia a "zarzuela española ditada dende Madrid" por PSE e PP

O presidente do PNV asegurou que o lehendakari é Ibarretxe, "porque así o decidiu a cidadanía vasca". A esquerda abertzale escenificou a unión nunha marcha.


12/Abril/2009 /

As críticas ao novo goberno de Euskadi centran as celebracións do Aberri Eguna

O PNV presentou un seu manifesto no din que "non van perdoar" os socialistas. ETA tamén emitiu un comunicado no que ameaza o novo Executivo. PP e PSE non participan nos actos.


Ibarretxe durante a entrevista / Foto:EP
12/Marzo/2009 /

Chiscadela de Ibarretxe aos socialistas ao tempo que lles critica a dobre moral do acercamento ao PP

Nas primeiras declaracións dende as eleccións do 1 de marzo, o lehendakari en funcións criticou a mudanza da relación entre estes partidos en España e Euskadi.


Patxi López
10/Marzo/2009 /

O PNV rexeita participar na rolda de contactos do PSE

O partido de Patxi López comeza este mércores as negociacións coa intención de acadar os apoios necesarios para chegar á lehendakaritza.


Joseba Egibar
9/Marzo/2009 /

O PNV revela supostos contactos entre PSE e Batasuna

As declaracións dos dirixentes nacionalistas foron protagonistas o día en que o PP pasou por Sabin Etxea para recalcar a súa vontade de apoiar a Patxi López.


López asegurou que no seu Executivo haberá "xente sen carné do PSOE"
7/Marzo/2009 /

Patxi López di que o seu Goberno terá xente con "sensibilidade nacionalista"

O ex dirixente do PNV Xabier Arzalluz afirma estar "espantando", debido á "chulería" dos socialistas.


Patxi López semella cada vez máis preto da lehendakaritza
6/Marzo/2009 /

Confírmase que o voto emigrante devolve ao PSE o escano de Araba

O PNV reúnese este venres con Aralar, EA, EB e os de Rosa Díez logo de o facer cos socialistas e non chegar a ningún acordo. O luns é a quenda do PP.


5/Marzo/2009 /

Patxi López pecha as portas a un pacto co PNV

Os nacionalistas cualifican de "golpe" que os socialistas queiran gobernar, pero ofrécenlles un pacto reservándose a presidencia.


Urkullu
4/Marzo/2009 /

Urkullu di que non é momento de “experimentos”

Pola súa parte o PSE mantén a intención de formar goberno, defendendo que a lehendakaritza non lle corresponde ao PNV "por dereito divino".


16/Xaneiro/2009 /

A posíbel alianza do Galeuscat para as europeas adíase á volta do 1M

O coordinador da executiva do BNG, Francisco Jorquera, aproveita para criticar o "método condicionante e absolutamente antidemocrático" das eleccións ao Europarlamento.


26/Decembro/2008 /

O Euskobarómetro prognostica un empate a escanos entre PNV e PSE

Vantaxe en votos para o PNV, malia que a repartición de deputados podería igualalos no parlamento co PSE. A enquisa agoira unha forte caída de EA.


11/Novembro/2008 /

Eusko Alkartasuna decide concorrer en solitario ás vindeiras eleccións autonómicas

En anteriores comicios foron en candidatura conxunta co PNV. En abril de 2009 terán unha propia. Unai Ziarreta será, previsibelmente, o candidato a lehendakari.


21/Xuño/2008 /

Os populares abren a porta a pactos cos nacionalistas

A condición é que "abandonen a deriva soberanista". Elimináronse do texto as críticas de San Gil ao PNV.


10/Abril/2008 /

PNV e PSE xúntanse para exixir a condena da violencia en Arrasate

Os dous grupos municipais chegaron a un acordo en forma de moción, que será aprobada no caso de que a alcaldesa non asine o texto.


23/Marzo/2008 /

EA critica que os socios do tripartito non defendan a 'folla de ruta' do lehendakari

Os dirixentes reiteraron o seu compromiso coa defensa do dereito a decidir e co obxectivo de lograr un Euskadi independente.


23/Marzo/2008 /

Urkullu, disposto a un acordo "bo" e "singular" co PSOE

Porén, advertiu que non están dispostos a un "pacto de rebaixas nin a un "estatuto cepillado".


18/Marzo/2008 /

O PNV muda a estratexia de Ibarretxe en favor do pacto a curto prazo co PSOE

O actual presidente do PNV, Iñigo Urkullu, falou de "dous planos diferentes" ao referirse ás posicións do lehendakari e do propio partido.