Nas primeiras declaracións dende as eleccións do 1 de marzo, o lehendakari en funcións criticou a mudanza da relación entre estes partidos en España e Euskadi.
Ibarretxe durante a entrevista / Foto:EP
O lehendakari ofreceu a Radio Euskadi as súas primeiras declaracións dende as eleccións do pasado 1 de marzo. Ibarretxe apostou por "unha alianza estratéxica forte", en referencia a un ficticio pacto entre PSE e PNV liderado polos nacionalistas. Sobre o seu actual papel como lehendakari en funcións explicou que o seu equipo de goberno vai estar "até o último día ao temón do país" e dixo que seguirán liderando o seu país, xa sexa dende o goberno ou dende a oposición.
Tamén falou da posibilidade de que o PSOE reciba o apoio do PP para gobernar, ironizando sobre o feito de que "o que trasladan en España é lea" e despois "están dándose bicos en Euskadi". Ibarretxe volveu falar desta posíbel alianza como resultado das ansias de chegar á lehendakaritza dos "socialistas", e dixo que "terannos que dicir non só que suman 38 votos o día D, senón cantos votos van ter e detrás de que proxecto o día D+1".
O candidato do PNV á lehendakaritza mantívo a idea exposta o día das elección de que o PNV é o "gañador" dos comicios polo cal "está lexitimado para liderar o país" e engadiu que "tamén está [lexitimado] quen perdeu ... se conta cos apoios necesarios".