Pola súa parte o PSE mantén a intención de formar goberno, defendendo que a lehendakaritza non lle corresponde ao PNV "por dereito divino".
Urkullu, no centro da imaxa, durante o acto deste mércores
O presidente do EBB do PNV compareceu este mércores no Sabin Etxea de Bilbo, acompañado dos líderes dos tres partidos nas tres provincias vascas recollidas en Euskadi. Alí Urkullu acusou ao PSE de buscar un "golpe institucional" postulando a Patxi López para lehendakari, e cualificou isto como "unha estratexia de Estado entre PP e PSOE".
Urkullu insistiu na idea de que o PNV é o "partido líder e auténtico gañador" das últimas eleccións. Ademais cualificou como "irresponsabilidade" levar a Euskadi a "inestabilidade ou os experimentos" en clara alusión á posíbel chegada do PSE ao goberno na actual situación económica.
O PSE mantén a intención de formar goberno
O responsábel de organización do PSE, Rodolfo Ares, falou este mércores para reafirmar a intención do seu partido de conseguir os apoios necesarios para que Patxi López forme un goberno "sen hipotecas", lembrando que "non pasa nada porque o PNV non teña o lehendakari, xa que non o teñen por dereito divino". Ares dixo que agardarán a que o PNV remate a súa rolda de contactos cos diferentes partidos para comezar a facelo eles.
Sobre isto deixou aberta a porta á posibilidade engadir a PP e UPyD o apoio daqueles partidos que aínda non se aliñaron en ningún dos dous bandos, como sería o caso de EA, EB e Aralar. Ademais, Ares pediu que se o PNV pasa á oposición non se negue dende o comezo ás propostas socialistas, apelando aquí á responsabilidade "política" dos nacionalistas.
Madrazo pon o seu cargo a disposición de EB