Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: ciclismo-karpin-galicia

27/Febreiro/2008 /

'Ciclismo no meu concello' axuda á creación do futuro Club Ciclista de Arzúa

A pasada fin de semana o programa da Fundación Ciclismo Galego e do KGZ chegaba á vila da Ulloa e conseguía xuntar centos de cativos ciclistas.


27/Febreiro/2008 /

Os tres galegos do KGZ mantéñense con opcións, a pesares de perder tempo

O líder da rolda levantina é, polo de agora, José Iván Gutiérrez (Caisse d'Epargne). Os ciclistas do equipo profesional galego entraron nun segundo grupo, a 1,33 min do vencedor.


20/Febreiro/2008 /

Iban Mayoz sobe dúas posicións e é oitavo na Volta a Andalucía

Os seus compañeiros seguen a traballar para el. Os obxectivos do KGZ vanse cumprindo, ao meter un dos seus entre os dez primeiros da rolda andaluza.


19/Febreiro/2008 /

Iban Mayoz, do KGZ, décimo na etapa e na xeral da Volta a Andalucía

O corredor vasco do equipo ciclista galego mantense, a pesares de caer dúas veces, por mor do mal tempo.


18/Febreiro/2008 /

Veloso acaba no podio en Malaisia, e Abal e Castaño caen na Vuelta a Andalucía

O equipo ciclista profesional galego comezou o ano seriamente, metendo aos seus nos primeiros postos do ciclismo internacional. Mais tamén algo accidentado.


12/Febreiro/2008 /

O Karpin Galicia obtén o seu 'cartón salvaxe'

A UCI concedeulle ao equipo a 'Wild Card', unha tarxeta de invitación básica para participar nos mellores tours e carreiras.


11/Febreiro/2008 /

Veloso, a tres segundos do liderado

Chegou a rebelión asiática ao Tour de Langwaki, pero os galegos seguen manténdose, a pesar das altas temperaturas que están a soportar.


8/Febreiro/2008 /

Ti a Mallorca e eu a Malaisia

O KGZ estrea o ano correndo en dous puntos ben distantes do planeta. Andan todos con moitas ganas, pero sen a certeza de saber como están de forma.


2/Xaneiro/2008 /

O Karpin Galicia enceta o ano estreando bicicletas

Son unhas Orbea, do modelo 'Orca', mais desta volta abandonan o azul e o negro polo branco e o negro.