O corredor vasco do equipo ciclista galego mantense, a pesares de caer dúas veces, por mor do mal tempo.
O australiano Cadel Evans (Silence Lotto) gañou a segunda etapa da 'Vuelta a Andalucía-Ruta del Sol', disputada sobre 176 quilómetros entre Torrox Custa (Málaga) e La Zubia (Granada). En canto á clasificación xeral, foi o francés Clement Lhotellerie (Skil Shimano) quen se converteu no novo líder da proba, cun minuto e un segundo de vantaxe sobre Pablo Lastras (Caisse D'Epargne), segundo na xeral.
O ciclista do Karpin Galicia Iban Mayoz chegou á meta no grupo de cabeza e ocupou a décima posición na etapa, a 29 segundos de Evans; a mesma que ten na xeral.
Mal tempo en toda a 'Vuelta'
O mal tempo durante a primeira parte do percorrido e o perfil da etapa fixeron que se establecesen grandes diferenzas e que o primeiro líder da volta, o malagueño José Ántonio López (Andalucía-Cajasur) acabase perdendo na meta de La Zubia o maillot amarelo. O segundo corredor do Karpin Galicia na xornada foi Eduard Vorganov, no posto quince. Unha posición por detrás entraba o tamén galego do Extremadura, Enrique Salgueiro.
O Karpin Galicia tampouco puido evitar as caídas nesta xornada, na que Mayoz foise ao chan dúas veces, pero polo menos non perdeu efectivos como na primeira, na que se quedou sen Carlos Castaño e David Abal.
A terceira será outra etapa esixente, na que o director deportivo do KGZ, Blanco Villar agarda que "Mayoz siga escalando posicións na xeral, porque se atopa bastante ben". O pelotón irá de Otura a Jaén, a través dun percorrido de 174,5 quilómetros.