Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: kgz

Samuel Sánchez
12/Agosto/2008 /

Un ouro que a piques estivo de facer parte do Karpin Galicia

Samuel Sánchez, campión olímpico de ciclismo en ruta, foi o primeiro corredor que Álvaro Pino quixo fichar para o equipo ciclista profesional galego.


11/Agosto/2008 /

Mosquera, quinto na Volta a Burgos

Dende o equipo galego din que están na "boa liña para a 'Vuelta'. A Álvaro Pino este resultado "tiroulle unha preocupación de enriba".


7/Agosto/2008 /

Os bielorrusos dominan unha Volta a Burgos na que o KGZ non dá destacado

Carlos Castaño (que deu mostras de recuperación, ao protagonizar a fuxida do día), ou Mosquera (que anda a 50 segundos do líder) manteñen o equipo.


29/Xullo/2008 /

"Quero xente comprometida: os que non estean mentalizados, mellor que queden na casa"

"Se cadra algún leva unha sorpresa e queda sen correr a 'Vuelta'". As verbas do director deportivo do equipo galego denotan a importancia que lle concede á rolda española.


10/Xullo/2008 /

O KGZ chega á segunda parte dunha xenial tempada

Tras a segunda sesión de adestramentos colectivos, Álvaro Pino decidiu a formación que vai participar na 'Vuelta a Madrid'.


3/Xullo/2008 /

O Karpin Galicia bótalle outra ollada á canteira

O equipo convidou a ciclistas de Elite e Sub 23 para participar nas sesións de preparación do mes de xullo.


30/Xuño/2008 /

Pereiro sobe ao podio no Estatal

O galego quedou de terceiro en fondo. Máis irregular foi a actuación dos ciclistas do KGZ, xa que, tras a retirada de Veloso, quedaron por riba do décimo posto.


27/Xuño/2008 /

Veloso, do KGZ, abandona os Campionatos Estatais

O ciclista será baixa do Karpin Galicia o vindeiro sábado en Talavera de la Reina, por causa do falecemento dun familiar.


24/Xuño/2008 /

O KGZ enfróntase ao seu primeiro reto importante: os Campionatos Estatais

O equipo galego vai presentar tres ciclistas á proba de contrarreloxo e quince á de fondo. Xunto coa ‘'Vuelta a España', é unha das probas máis significativas desta tempada.


Gustavo César Veloso
19/Xuño/2008 /

Veloso, líder do KGZ na Ruta do Sur

Será entre o 19 e o 22 de xuño. O equipo galego será o único representantes estatal entre as 16 formacións que participan. Polo medio: o Tourmalet.


11/Xuño/2008 /

Gustavo Domínguez lidera o KGZ en Portugal

Será no Gran Premio CTT Correios, do 12 ao 15 de xuño. O equipo galego estará dirixido por Xesús Blanco Villar.


Iban Mayoz, do KGZ, logo de recibir o trofeo
9/Xuño/2008 /

Iban Mayoz gaña o Trofeo Metas Volantes da Euskal Bizikleta

O corredor vasco do Karpin Galicia repite o éxito da Volta a Euskadi. Serafín Vázquez volve de terras vascas con algunhas molestias.


4/Xuño/2008 /

O Karpin Galicia á Euskal Bizikleta

Comeza esta sexta feira a proba en tres etapas na que o equipo ciclista profesional galego podería volver colleitar éxitos, como leva facendo dende que comezou a tempada.


27/Maio/2008 /

"Agora só nos queda facer algunha etapa ou un podio na 'Vuelta a España"

Acaba de chegar a Galiza, após gañar a 88 edición dunha das roldas con máis sona da península, a Volta a Cataluña.


25/Maio/2008 /

Gustavo César Veloso trae para Galiza o trofeo da Volta a Cataluña

O ciclista de Vilagarcía logrou a vitoria na proba catalana logo de desbancar ao até este domingo líder, o francés Remi Pauriol.


23/Maio/2008 /

Gustavo César Veloso entra de terceiro ao sprint na Volta a Cataluña

O ciclista do KGZ quedou a 11 segundos do liderado en Ascó. O mozo aguantou á cabeza da carreira os dez quilómetros finais, axudado polos seus compañeiros.


20/Maio/2008 /

Veloso é quinto no prólogo da Volta a Cataluña

O ciclista do KGZ chegou no mesmo segundo que o terceiro clasificado facendo un bo tempo no comezo da rolda catalá. "Fixemos un moi bo prólogo", dixo Álvaro Pino.


9/Maio/2008 /

Ezequiel Mosquera, líder do KGZ tamén en Alcobendas

Esta fin de semana o equipo galego marcha a Madrid para disputar a Clásica Internacional de Alcobendas, cunha formación que dirixe o ciclista de Teo.


8/Maio/2008 /

Gonzalo Rabuñal termina sexto na Volta a Asturias

Os triunfadores da rolda foron todos equipos portugueses (Liberty Seguros e LA Aluminios-MSS), mais cun corredor navarro (Pablo Urtasun) e un aragonés (Ángel Vicioso) como protagonistas.


7/Maio/2008 /

Rabuñal pasa de terceiro polo Alto do Acebo

O ciclista do KGZ comeza a dar probas das súa forza e das súas posibilidades na etapa raíña da rolda asturiana.