A UCI concedeulle ao equipo a 'Wild Card', unha tarxeta de invitación básica para participar nos mellores tours e carreiras.
A UCI concedeulle ao Karpin Galicia unha 'Wild Card' para o calendario Pro Tour, o que vén a ser unha tarxeta de invitación, requisito necesario para poder participar nas carreiras do Pro Tour 2008, o circuíto do ciclismo internacional.
O KGZ máis preto da elite do ciclismo internacional
No comunicado da UCI, sinálase que "só poden obter esta etiqueta os equipos que responden aos criterios de calidade moi estritos no terreo deportivo (palmarés do equipo e nivel dos corredores), xurídico (respecto ao regulamento), administrativo (xestión rigorosa e transparente) e ético (en particular en materia de xestión e de loita antidopaxe)".
Esta distinción sitúa ao Karpin Galicia no grupo dos 33 mellores equipos do mundo, constituído polos 18 Pro Tour e os 15 invitados.
A relación de equipos de categoría profesional continental aos que a UCI concedeu a 'Wild Card' son:
Austria: Elk Haus, Volksbank.
Bélxica: Landbouwkrediet, Topsport.
Estado Español: Karpin Galicia, Andalucía Cajasur.
Francia: Agritubel.
Reino Unido: Barloworld.
Irlanda: CSF Group.
Italia: Acqua Sapone, Tinkoff.
Holanda: Skil.
Estados Unidos: BMC, Slipstream.
Venezuela: Diquigiovanni.