Danilo Fondo gañou a etapa. O ciclista con máis opcións do Karpin Galicia segue mantendo a súa posición na xeral.
O alemán Danilo Fondo, do equipo venezolano Serramenti PVC, gañou, ao sprint, a cuarta etapa do Tour de Langkawi, disputada entre Port Dickson e Batu Pahat, un percorrido duns 169,0 quilómetros.
Na xeral non hai cambios, e Matthieu Sprick (Bouygues Telecom) mantense de líder, cun segundo de vantaxe sobre Docker (Drapac Porsche), que bonificou dous na segunda meta volante do percorrido, por detrás do ciclista do Karpin Galicia David García, que puntuou primeiro. Gustavo César Veloso mantense en terceira posición, a tres segundos do líder.
Foron necesarias catro etapas para que os velocistas, por fin, puidesen disputar un sprint pola vitoria. Danilo Fondo, que nos días precedentes se deixou ver menos que Alberto Loddo, non desaproveitou a oportunidade e fíxose co triunfo, dando tempo a un grupo de 138 corredores.
Os ataques do KGZ
O equipo galego buscou as súas oportunidades na etapa con diversos ataques, o primeiro deles a cargo de Alejandro Paleo; pero como todos os intentos posteriores sería anulado polo pelotón, que rodaba a un ritmo moi alto.
O primeiro corredor galego na meta foi Vladimir Isaychev, na vixésimo segunda posición.