Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ETAPA PARA PETACCHI E LIDERATO PARA LASTRAS

Iban Mayoz sobe dúas posicións e é oitavo na Volta a Andalucía

Os seus compañeiros seguen a traballar para el. Os obxectivos do KGZ vanse cumprindo, ao meter un dos seus entre os dez primeiros da rolda andaluza.

Redacción - 12:20 20/02/2008

Alessandro Petacchi (Milram) amosou a súa velocidade no sprint final da terceira etapa da Volta a Andalucía, disputada sobre 174,4 Km., entre Otura e Jaén. A xornada tamén lle outorgou a camisola amarela a Pablo Lastras (Caisse D'Epargne), porque o anterior líder, Lhotellerie (Skil-Shimano), despois de pasar todos os portos da xornada no grupo principal, non puido coa última subida, non puntuábel, a seis quilómetros da meta.

O ciclista do Karpin Galicia, Iban Mayoz, estivo unha xornada máis cos mellores e iso permitiulle ascender dous postos na xeral para situarse oitavo, a 2,01 de Lastras.

O KGZ vai cumprindo os seus obxectivos
O equipo galego volve ter un corredor entre os oito mellores da xeral, como foi norma até agora en Malaisia (terceiro Gustavo C. Veloso) e en Mallorca (oitavo Ezequiel Mosquera).

O Karpin Galicia cumpriu en boa medida co obxectivo que marcara para a etapa, e o seu director deportivo en Andalucía, Jesús Blanco Villar, salientou que, de seguir escalando posicións na xeral con Iban Mayoz, o resto de corredores han seguir axudándolle aos seu compañeiro.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: