Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na primeira etapa da 'Volta a Valencia'

Os tres galegos do KGZ mantéñense con opcións, a pesares de perder tempo

O líder da rolda levantina é, polo de agora, José Iván Gutiérrez (Caisse d'Epargne). Os ciclistas do equipo profesional galego entraron nun segundo grupo, a 1,33 min do vencedor.

Redacción - 11:15 27/02/2008
O cartel da rolda valenciá

O cartel da rolda valenciá

O primeiro líder da 'Volta a Valencia' é Jose Iván Gutiérrez, do Caisse d'Epargne, quen gañou a etapa ao sprint, destacando de entre un grupo de 25 corredores. Entrou por diante de Rubén Plaza (Benfica) e Xavier Florencio (Bouygues Telecom).
Os ciclistas do KGZ Gonzalo Rabuñal, Juan F. Mourón e Gustavo C. Veloso (líder do equipo nesta rolda), entraron nun segundo grupo, a 1,30 min de Gutiérrez.

A segunda etapa, con catro portos de terceira categoría, tamén vai ser complicada, e, segundo o KGZ, cabe esperar que Rabuñal, Mourón e Veloso remonten posicións na xeral, pois, a pesar do tempo cedido, demostraron atravesar un bo momento de forma. A segunda etapa vai de Alzira a Xátiva, a través de 178 quilómetros.

A opinión de Vidal director deportivo do KGZ en Valencia
José Ángel Vidal, director deportivo do KGZ que dirixe ao equipo en Valencia, comenta o desenlace da etapa: "A nós faltounos meter alguén diante. Viuse que Veloso está ben pero o porto de Gabi era moi duro, con catro quilómetros de moito desnivel; de feito, xente como Pereiro, que xa comeza a andar ben, tampouco puido estar diante. Para nós a pena foi que non conseguise entrar Rabuñal, porque estivo a piques de o facer. Foi o mellor do equipo. Agora haberá que estar atentos aos cortes porque a xeral non está nada fácil. Os que se meteron diante son xente de peso e para pasar o porto diante hai que atoparse tamén nun bo momento de forma".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: