Son unhas Orbea, do modelo 'Orca', mais desta volta abandonan o azul e o negro polo branco e o negro.
O Karpin Galicia vai aproveitar o primeiro adestramento colectivo do ano, esta cuarta feira, para estrear as novas bicicletas, administradas pola empresa Orbea, por segundo ano dende a creación do equipo.
Este ano o KGZ vai empregar o novo modelo Orca, mais en branca e negra, fronte ao azul e negro da pasada tempada. Cada bicicleta está equipada co grupo Shimano Durace, o guiador ITM, rodas de carbono Shimano, en perfís alto e baixo e asento Sele Italia.