Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xestionada por ti
RSS de
26/04/2009 17:15

O profesor Andrés Freire fai unha análise histórica "nova" da lingua galega

18 comentarios | por agarda agarda

Como non sei crear enlaces, facilito o enderezo para quen teña interese en ler o documento:WWW.documentos.fundacionfaes.info/es/groups/constitución/24
Por certo, coñecino lendo a plataforma Blogaliza que me parece moi interesante.


01/04/2009 15:20

proposta de asamblearismo na política local

1 comentarios | por danielovalle88 danielovalle88

a meirande parte dos cidadáns do estado admiten ou louvan ou consideran necesaria a división en comunidades autónomas do estado español. esta división é a que é e non outra por asuntos históricos, políticos e identitarios. as comunidades autónomas pretenden ser herdeiros contemporáneos de reinos, condados ou pobos que se teñen sucedido na historia da península.

o problema chega coa seguinte escala. do mesmo xeito que no estado conviven comunidades grandes coma andalucía e comunidades pequenas coma euskadi; a organización interna destas comunidades debera ser axeitada ás súas características.

na galiza por exemplo temos catro provincias e uns cantos centos de concellos. nino as unhas nin os outros reflicten as unidades sociais, demográficas, políticas, medioambientais ou paisaxísticas do país.

asimesmo, a única división administrativa que se ten mantido durante séculos de historia de galiza, as parroquias (que teñen a súa correspondencia coas freguesías portuguesas) foron desprovistas de toda entidade política, cando mesmo no eido urbano son a unidade básica de poboación.

velaquí apresento un sistema se transición que por unha banda permitiría democratizar a administración local, moi pouco democrática nas grandes cidades e que adaptada a grandes eidos rurales (véxase comarcas) daría entiade política ás parroquias e servería de marco para unha nova organizazón territorial da nosa terra.

por unha banda concellos do rural deberan unirse entre eles e formar entidades maiores segundo afinidades culturais, xeográficas ou industriais.

por otra banda tódolos concellos deberan formar un sistema polñitico paralelo baseado en asambleas abertas en cada parroquia que escollerían a unha serie de representantes para unha asamblea de nivel local/comarcal. esta funcionaría coma a cámara alta do concello, de feito que tódolos debates pasasen pola veciñanza.

nas asambleias parroquiais escolleriase tamén unha comisión que levase a cabo funcións de política cotiá a nivel moi local e unha serie de unidades de autoxestión que se encargasen de xestionar de xeito autónomo e independente os equipamento públicos tales como casas da cultura ou instalacións deportivas.

está probado de sobra que centros socioculturais autoxestionados funcionan ben millor que aqueles que xestionan funcionarios por medio da adminstración. dalgunha maneira sería dar unha base institucionais a comunidades de montes, sociedades culturais e asociacións de veciños que por todo o país e sen case medios cubren certas funcións que o estado non é quen de nos prestar.

tendes toda a info en:
http://eidosarq.wordpress.com


15/03/2009 11:55

O tempo político

1 comentarios | por aletofilo-do-morrazo aletofilo-do-morrazo

Coido que é un erro que Touriño e Quintana teñan entrado no xogo do PP e dos medios afíns e presentaran a súa demisión. Esa acción é refrendar a interasada lectura dos resultados electorais por parte do PP. A vitoria dos populares só foi por un escano e non tan asoballante como nos queren facer ver.
Deberían aprender dos erros e facer unha oposición durante estes catro anos que impida que os avances acadados sexan convertidos en cascallos.


13/03/2009 17:49

RAG ¿Hai alguén aí?

20 comentarios | por elrr elrr

Despois de todo o que caiu e do que pode caír en relación coa lingua, ¿onde raio andaba a RAG (Real Academia ¿Galega?. ¿Non ten/pode dicir nada? ¿Por que? ¿Non vén sendo vergoñento? ¿Pa´qui´stán?


13/03/2009 14:20

Tareixa Navaza ou Navalha? NAVALHADA

3 comentarios | por Tino Tino

O martes 10 de marzo, na tertulia da Radio Galega na q participava Tareixa Navaza, expresava escandaliza, q por primeira vez na história deste país se convocavan accións a causa do galego contra un presidente do governo q ainda non tomara posesión...
Non comprendia, dicia, como a Mesa pola Normalización Lingüística podia facer iso!

Cun exemplo fácil coido q o vai comprender:
-Suponhamos q o partido 'La-Mujer-en-Casa-Con-La-Pata-Quebrada' está en contra de q as mulheres accedan ao mercado de trabalho. Afirman q deven ficar na casa, coidar dos filhos e deixar os escasos postos de trabalho para os homes.
E grazas a grupos mediáticos fóraneos a este país q inventan e alentan ese problema q non existia aqui, convocan umha manifestación para reivindicá-lo.
-Chega a campanha electoral.
-Suponhamos q ese candidato decide apoiar ese grupo e ir na manifestación, entre outros líderes do partido. Anteriormente xa manifestara por activa e por pasiva q derrogaria todas as leis de igualdade da mulher e do home... por discriminatórias.

Tareixa Navaza, como feminista, diria o mesmo no seu tempinho de rádio?
Como dixo ela, Feixoo deu a sua palabra de manter as leis e cre nel!!!!

Eu coido q a reacción desta sra. seria ben distinta, e mais ben parece pretende falar ben do q agora ten o poder, non vaia ser q periguen os ingresos extras, e cos tempos q corren...


03/03/2009 14:11

Partido ou país

0 comentarios | por deportadoeconomico deportadoeconomico

Sen sociedade e economía galegas non hai partidos políticos galegos.

Malcolm X está hoxe de actualidade.

Malcolm X, o 1-M, ou “De non comezar a casa polo tellado”

Revisando a rede na busca de escape fronte á contínua continxencia bombardeada por Madrid, na fronte de guerra eleitoral que viña a salvar España, atopei, xunto ao feroz berro de Howard Beale –xornalista que ameaza con se suicidar en direto no filme Network, que narra o seu ascenso e asasinato-, unha proclama extraordinariamente reveladora e de sorprendente paralelismo. Exconvicto, marxinal, drogadicto, musulmán converso de Nebraska e negro. Pero estrañamente galego. The Ballot or the Bullet (O Voto ou a Bala), escrito por Malcolm para se dirixir aos líderes negros contemporizadores (King, Powell, e o resto dos que crían –así acabaron- na boa vontade do Partido Demócrata), mostra en moitos dos seus parágrafos as feblezas que impiden que o nacionalismo galego sexa incapaz de aumentar os seus eleitores, movéndose nunha falsa dinámica de progreso que resulta en realidade ser un mero bucle, unha trampa masturbatoria. Para quen queira revisalo, está nesta ligazón: http://www.americanrhetoric.com/speeches/malcolmxballotorbullet.htm .
Poñéndonos en situación, brevemente, diremos que había, en EUA, durante os conflitos polos dereitos civís, dúas guerras abertas: aquela que enfrontaba a integracionistas e nacionalistas negros, e a que loitaban (cos republicanos, encantados de crear caos) e demócratas liberais de ambas costas. Para non alongalo demasiado, diremos que a segunda das frontes era máis un pulso de poder no interior dun partido en torno á declaración de dereitos civís en vinganza pola alianza que dende Truman a Kennedy unía a conservadores demócratas con republicanos en canto a asuntos de raza e moralidade. O conflito que nos interesa é o de Malcolm e King. O Dr. King cría que a liberación dos negros viría da súa integración na sociedade, acadar os mesmos dereitos que os brancos a través da loita contra a discriminación. Malcolm X, a pesar de que valoraba a belixerancia de King e aprezaba a súa boa vontade, defendía que as posicións do ministro baptista agochaban unha terrible realidade: a integración é produto do auto-odio; a integración impón un conceito de normalidade esóxeno que tan só pretende transformar aos negros en brancos. A liberación, porén, pode tan só vir da autoconciéncia, de crear uns valores próprios, un Volksgeist negro.
'Cause if you're black you should be thinking black, and if you are black and you not thinking black at this late date, well I’m sorry for you.
Porque se es negro debería pensar en negro (como negro), e se es negro e aínda non pensas en negro (como negro), pois síntoo por ti.
Black is beautiful coma a base do black power: a conquista dos corazóns e dos petos antes da conquista dos votos. Un poder político negro non pode ser sostido sen un poder social e económico negros. A outra grande diferencia entre ambos líderes negros é estratéxica: sexa cal sexa o obxectivo final de ambos, Malcolm e Martin Luther sepáranse en canto ao modo de acadalo. O ministro baptista cre na redención a través do Estado, a igualdade a través da lei. O musulmán denuncia que as leis e o poder político son brancos, e que, por tanto, non levarían máis que a ficción de igualdade que no mundo real non existe. A liberación pola soberanía. A liberación pola autonomía. Unha raza libre pode só partir de individuos donos de sí. Sen iniciativa individual os negros son tan só unha masa manipulábel, xa que un colectivo é moito máis sinxelo de manexar que unha miríada de mónadas políticamente concienciadas. Velaquí un exemplo (o discurso é unha disertación pública, logo hai algúns xiros verbais presentes na fala dos afro-americanos, agardo que se entenda):
The economic philosophy of Black Nationalism only means that we should own and operate and control the economy of our community. You would never -- You can’t open up a black store in a white community. White men won’t even patronize you. And he’s not wrong. He’s got sense enough to look out for himself. You the one who don’t have sense enough to look out for yourself. The white man -- The white man is too intelligent to let someone else come and gain control of the economy of his community. But you will let anybody come in and take control of the economy of your community, control the housing, control the education, control the jobs, control the businesses, under the pretext that you want to integrate. No, you're out of your mind.
The economic philosophy of Black Nationalism only means that we have to become involved in a program of reeducation to educate our people into the importance of knowing that when you spend your dollar out of the community in which you live, the community in which you spend your money becomes richer and richer; the community out which you take your money becomes poorer and poorer. And because these negroes, who have been mislead, misguided, are breaking their necks to take their money and spend it with The Man, The Man is becoming richer and richer, and you’re becoming poorer and poorer. And then what happens? The community in which you live becomes a slum. It becomes a ghetto. The conditions become run down. And then you have the audacity to -- to complain about poor housing in a run-down community. Why you run it down yourself when you take your dollar out.
(…)
The economic philosophy of Black Nationalism shows our people the importance of setting up these little stores and developing them and expanding them into larger operations. Woolworth didn’t start out big like they are today. They started out with a dime store and expanded and expanded and then expanded until today
(…)
The political philosophy of Black Nationalism only means that the black man should control the politics and the politicians in his own community. The -- The time -- The time when white people can come in our community and get us to vote for them so that they can be our political leaders and tell us what to do and what not to do is long gone. By the same token, the time when that same white man, knowing that your eyes are too far open, can send another negro into the community and get you and me to support him so he can use him to lead us astray -- those days are long gone too.
O mesmo Malcolm aplica a súa própria filosofía. Expulsado por discrepancias con Elijah Muhammad (basicamente, Muhammad buscaba controlar a relixión dos afroamericanos e islamizalos, mentres que para Malcolm os aspeitos rituais e normativos da relixión eran accesorios e primaba a forza do islam para crear unha conciencia negra), fundou Muslim Mosque, Incorporated , que sediou no Teresa Hotel, no corazón do convulso Harlem dos 60, o cinto negro da cidade de Nova Iorque (nas súas próprias palabras). Non agardou a que surxira dunha normativa, nin pediu a aplicación de plans estratéxicos. Chegou, pediu os fondos aos cidadáns que quixesen escoitalo, e fíxoo. E fíxoo así por dúas razóns: a nosa xente non só ten que ser reeducada na importancia de apoiar os negocios negros, senón que cada negro ten que ser consciente da importancia de entrar nos negocios e, tamén, porque cantades (os líderes pacifistas negros) de máis, hoxe é chegado o tempo de parar de cantar (singing) e comezar a picar (swinging); non conseguiredes liberdade cantando, pero sí podedes conseguir algo de liberdade picando. E decir: 1.Soberanía, 2.Loita. As garantías legais para exercitar os dereitos lingüísticos no ámbito privado son un espellismo que nos aparta da verdadeira liberdade: o que precisamos é ser proprietarios das empresas de Galiza, e tamén unha potente asociación de consumidores galegos (galegos para sí, non meras delegacións unicamente xeradas por divisións administrativas). Eis outro exemplo:
Once you and I go into business, we own and operate at least the businesses in our community. What we will be doing is developing a situation wherein we will actually be able to create employment for the people in the community. And once you can create some -- some employment in the community where you live it will eliminate the necessity of you and me having to act ignorantly and disgracefully, boycotting and picketing some "cracker" some place else trying to beg him for a job.
Noutras palabras: precisamos URXENTEMENTE un Grupo Mondragón. Miles de cooperativas e asociacións militantes. Pensade nunha campaña ben organizada que lle diga a Fenosa que, ou volve a sede social a Galiza e crea unha división da empresa exclusivamente galega, ou 100.000 galegos esquecerán de pagar a factura. Nós tiñamos unha Iberdrola, coma os vascos, pero deixamos que escapara. Eles, malia ser un país minúsculo, plantan cara a EDF-Sarkozy e dinlle que como non peche a boca ainda vai saír a hostias como o parvo do Roland o da chanson. Que vaia colonizar ós belgas (francófonos, ós vlaamsie admíroos), que para iso son unha nación de diglósicos.
Máis urxente aínda: precisamos crear unha organización de escolas e institutos privados galegos en galego e controlados por galegos, fundadas a través de cooperativas, a semellanza das ikastolas. De pouco serve educar aos nosos fillos en galego cando se ven obrigados a unirse a unha maioría hispanofalante. E dígoo por experiéncia própria. Eu nacín no 82, polo que formo parte da primeira xeración educada (nunha relativa porcentaxe) en galego. A miña familia era (e é) exclusivamente galegofalante e políticamente militante, activamente nacionalista. Na miña escola, sita na área suburbana de Compostela, o 99% dos rapaces estaban educados en castrapo (eles chamábano español). Había, comigo, 5 galegofalantes declarados. O resultado: un rapaz que entra con 5 anos nunha institución alientante –como todo sistema educativo que extirpa a responsabilidade e dignidade persoal- e ten que se comunicar cos seus compañeiros de presidio, non tendo desenvolto defensas de autoconsciencia (o que sería imposíbel nesa idade), considera a adaptación como algo normal, e o feito da dualidade de linguas (que non diglosia, porque non había autodesprezo) como algo natural. Podedes ter nesa escola a todos os profesores a ensinar nun galego prístino e impoluto; estade seguros que ese rapaz vivirá publicamente en castelán. Ademais todo isto ten que ter un senso. Non vale o galego polo galego. O galego, como todo produto, ten que ser vendido se queremos avanzar no mercado. Debemos promocionalo a través das súa utilidade e non tan só, como até agora, por mera estética. Porque da estética non se come. Se o galego serve para comer, veredes como todos rematan por se dar unha pátina de galeguismo e a situación torna. Ou non vos lembrades de como Vidal-Quadras se presentaba como Aleix cando o nome que presenta nas listas eleitorais (o oficial) é Alejo? Ou mesmo o parvo útil do Maneiro que atopou a benedict arnold da Rosa Díez para ir berrar ao parlamento de Gasteiz, que ten que se disfrazar de Gorka. Até para lle tocar os collóns aos euskaldúns hai que estar pintado de vasco. Outro exemplo: en Bruxelas hai que saber nederlands até para ser camareiro. Bruxelas, non Vlaams – Flandres: Bruxelas é bilingüe, pero vae de quen tope con un consumidor neerlandés cabreado! E o galego sí pode servir para comer: a nível interno, canto máis estrutura económica se controle; a nível externo, é un excelente swahili entre portugués e español, amais dunha perfeita propedeútica para dominar as dúas linguas.
Primeiro sociedade e economía lingüísticas. Despois, política lingüística.
Terceiro, e para rematar, antes de recibir a choiva de hostias e insultos que me caerán da vosa parte por cuestionar a base económica do país (e a base política do bloque): o funcionariado. Mi madriña, iniciativa privada! As dúas palabras ás que hai que odiar! Unha cuestión fundamental: a unidade. Velaquí o que dixo Malcolm:
Son un ministro (sacerdote) musulmán. O mesmo que eles son ministros cristiáns, eu son musulmán. E non creo en loitar en cada fronte, senón en todas as frontes. De feito, son un “Nacionalista Negro Loitador pola Liberdade”. O islam é a miña relixión, pero creo que a miña relixión é un asunto persoal. Governa a miña vida persoal, a miña própria moral. E a miña filosofía relixiosa fica entre min e o Deus no que creo; o mesmo que filosofía relixiosa deles está entre eles e o Deus no que cren.
Podedes ser o que queirades: socialdemócratas, marxistas, marxistas-leninistas marxistas-leninistas pensamento Mao Tse Tung, ácratas, anarcosindicalistas, anarcocapitalistas, liberais, neoliberais, conservadores ou seguidores de Lyndon Larousse. Pouco importa. O primordial é que sexamos ante todo galegos. Dicides que estades desunidos, e usades a desunión como pretexto para as vosas derrotas. Eu digo que a variedade non é mala mentres se conserve unha unidade de base. E non o digo sen razón: coñecedes algún país máis políticamente polarizado que Israel? E coñecedes, ao tempo, un país cun maior senso patriótico? Os xudeus din deles mesmos que dous xudeus só están dacordo en dúas cousas: Deus e Israel. E mesmo a súa orixe non pode ser máis diversa: dende os laicos emigrantes económicos rusos, refuxiados etíopes ou iemenís, xudeus árabes, sefarditas, polacos e rusos ashkenazitas e colectivistas de kibutz, retornados de Francia, Arxentina ou EUA, orixinarios da mesma Palestina (hainos, senón de onde ven Netanyahu máis que de Netanya?), xudeus ortodoxos, hasidîm ou ultraortodoxos que viven como no XVII… Deixando aparte a consideración que cada un poida ter do conflito, quixera facer unha análise fría e non partidaria das diferencias na dinámica política de ambas comunidades. A unión xudea de moitos pequenos é ideolóxicamente máis forte que a magnificada umma transplantada en pobo palestino. Porque eles parten da base, da interiorización en cada individuo do seu own private Israel. Cada un deles defende á vez a sí e a todos, porque cada un deles sabe que participa e tira proveito da súa participación. Os palestinos, dirixidos por líderes corruptos e enfrontados en contínuas e violentas razzias, son incapaces de erixir un poder palestino. Dependen social e económicamente de israel. Ergo, dependen políticamente.
Non pido un partido político único porque 1.é contraproducente, non conduce máis que á loita interna, 2. non fai falla, xa que o que precisamos é máis votos, non unir o pouco que temos (os exemplos dunha Catalunya e Euskadi autogobernados durante máis de 30 anos a pesar da división dos seus partidos falan por sí mesmos). Pido que o primeiro sexa conseguir o poder da nosa nación, xa virán logo as discusións sobre como organizala. China, Indonesia e Birmania reaccionaron unidas contra o invasor, ainda que para iso houbera que secuestrar a Chan Kai Chek.
Última nota. A quen me diga que isto non é posíbel: Euskadi, Catalunya, Flandres, as Provincias Unidas Holandesas, Alemania, Eire, China, Indonesia, EUA, Israel, Suíza, India… e así podemos seguir até cando queirades.


03/03/2009 09:29

Galescolas, cooperativas de ensino privado multilingüe

14 comentarios | por croiosdetector croiosdetector

Dada a situación actual penso que hai que revisar os modelos. A lingua non pode esperar 4 anos mais dada a súa situación de emerxencia. Como propuxo a UNESCO nun recente informe, só a través da vantaxe do portugués o galego ten futuro.

Por tanto, penso que deberíamos crear o que orixinalmente propuña a VOGAL: unha rede de cooperativas de ensino multilingue (galego incluíndo o resto de variantes lusófonas (portugués, portugués do Brasil - Inglés - Español)


28/02/2009 00:41

POR QUÉ NON SE CREA UN XORNAL EN GALEGO OU IKASTOLAS EN GALEGO? O BLOQUE NON QUERE!

15 comentarios | por garciafreire garciafreire

Dia a dia vemos como os de extrema dereita con intereconomia ou en xornais adoctrinan e contraatacan intoxicando todo. O bloque só coas suas consellerías poderia apoiar na publicidade un xornal (este e non o que é nun 80% en castellano)e coa escola igual. Non pode haber unha nas 3 cidades da Costa? Ou rebatemos a intoxicación de Madrid ou a xente traga.


10/02/2009 14:32

Eu protesto

5 comentarios | por escritoalume escritoalume

E curioso ver certos artigos, con certa carga critica que tentan ser independentes enmascarados baixo unha doble cara e certo oportunismo politico, onde se apela a socidade civica baixo un personalismo atroz

Criticando todo tipo de sectores (politico economico,xurisdiccional) sen facer autocritica, todo iso aderezado por escoller o momento oportuno, nin antes nin despois

Unha verdadeira cultura cívica galega, debe ser critica e debe ter espazos onde se de esa hetereoxeneidade de ideas para construir ese futuro moderno. Lastrada a nosa cultura civica primeiro por unha dictadura e despois por 16 anos de fraguismo, onde se deron as piores practicas do caciquismo, e domesticación da prensa. A opinión publica e o verdadeiro motor da modernidade (momento crucial na Galiza con “nunca mais” onde cidadans de todo tipo erguian a sua voz para contestar os seus gobernates e non so co seu voto.

Onde estaba neses tempos do gaias de fraga, da sua domesticación da prensa LA VOZ? Ninguen pode monopolizar a opinion publica, ninguen pode ter o monopólio da razon, por iso e normal e necesario para este noso pais que haxa diferentes xornais, diferentes ideas e avanzar na cultura politica da nosa cidadania

Pois os políticos non son mais que un reflexo da nosa sociedade, e o paternalismo e caciquismo herdado ainda esta no noso funcionar

Por todo isto eu protesto e reclamo para os políticos e institucions e xornais que as criticas constructivas e honestas se fagan todos os dias, non o elexido para unhas eleccions ou unha manifestacion

En canto esa opunion publica galega critica, se estan a dar os pasos, comezando a haber unha diversidade maior de médios, onde por certo, e curioso ver a mellor cobertura e pluralidade das eleccions que se esta a dar neles.

Se un partido perde votantes, se unha empresa perde mercado, e porque algo esta a facer mal e debe ollar á sociedade facer autocrítica, modernizarse e adaptarse aos tempos que corren.

En canto a falsa imposicion do galego, pouco teño que dicir salvo ollar a realidade. Se ben se ve, con esta crise internacional que as institucions deben ter certos instrumentos para correxir os erros e desigualdades do mercado, como se esta a facer en diferentes áreas, o empoderamento das mulleres e un exemplo, acaso se nos esta a impor con politicas correctoras un maior acceso das mulleres a condicions de igualdade no traballo fronte ao home? E non e necesario?

Cando certas cuestions se amparan baixo o perigoso paraugas do privado, do liberal, do individual correse o perigo de perder a perspectiva de comunidade, un exemplo claro, a violencia machista antes percibida no ambito do privado, agora considerado no ambito do publico, a sociedade agora denuncia este tipo de violencia.


09/02/2009 12:41

Votar cada 4 anos é Democracia?

19 comentarios | por dixital2 dixital2

Se Democracia é o goberno do pobo... pode un sistema representativo como o actual, no que o/a cidadáns só dispón de decisión cada 4 anos, e ademais entre listas pechadas de limitados partidos, para determinar que opción vai facer o que lle pete co seu voto durante eses 4 seguintes anos? É Democracia cando políticas decisivas para o futuro como as de índole económica ou social (v.g. o megarregalo aos bancos) son decididas en petit comité por esas elites ás ordes non se sabe de quen, pero desde logo non dos cidadáns? Como xustificar que iso é Democracia cando existen os medios (Internet, telefonía móvil, DNI electrónico, etc.) para poder deixar esas decisións nas mans do pobo soberano? Como podemos estar en modelos de representatividade creados para sociedades do século XVIII cando a tecnoloxía xa permite a Democracia Directa, a única verdadeira democracia?



Enviar unha nova
Iniciar unha conversa

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.