39 comentarios | por Tojo
Esse pano azul e branco que o movimento galeguista ornamentaou cumha estrela vermelha, procede do símbolo da comandância marítima espanhola da Crunha, associado com Galiza por olhos dos emigrados na Argentina. Na altura, a comunidade galega do exílio adoptava este símbolo como próprio chegando a ser baptizado como bandeira galega no “Eco de Galicia” da Habana em 1898, umha decisom que herdariam As Irmandades Da Fala em 1916 e O Partido Galeguista em 1931, convidando ao esquecimento a imagem do graal escoltado por três cruzes a ambas margens sobre fundo branco, a verdadeira bandeira galega criada por galeg@s e para galeg@s que representa a Galiza Compostelana da forma na qual o pendom suevo evoca à Naçom galaica herdeira do primeiro Estado Galego da história, isento de qualquer carácter imperialista.
2 comentarios | por ismalonso
Quixera que alguén máis lúcido ca min me dixera a diferencia entre:
A Esquerda Abertzale que non condea a violencia de ETA e é ilegalizada
e
O Partido Popular que ten coma Presidente Fundador a Fraga Iribarne, declarado defensor da violencia franquista, e segue a ser legal no Estado.
10 comentarios | por llorllidan
As principais candidaturas ao Parlamento xa comezaron a precampaña. Que pensades do que se está a facer? Eses vídeos de "Eu son Anxo Quintana", eses cartaces de "O presidente", ese Núñez Feijoo amosándonos a súa cociña...
4 comentarios | por Tino
Vendo o meu voto a quen volva pór Shin-Chan na galega... e non me valem os capítulos antigos senom os novos.
Sobre o segundo canal da TvG: em lugar de lhe chamar G2, ficaria melhor como GZ: o "z" semelha um 2 e diferenciaria-se do logótipo G da TvG de maneira simples e sem pasar ao segundo plano ou sucursal da TvG.
5 comentarios | por redaccion
Activando a sociedade: mirar por nós, mirar por todos. Imos cara a unha sociedade máis activa e participativa? Implícase máis a xente en iniciativas sociais? Achéganse máis a redes, movementos, ONGDs? Por que si ou por que non? Cal sería a situación ideal?
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.