Se Democracia é o goberno do pobo... pode un sistema representativo como o actual, no que o/a cidadáns só dispón de decisión cada 4 anos, e ademais entre listas pechadas de limitados partidos, para determinar que opción vai facer o que lle pete co seu voto durante eses 4 seguintes anos? É Democracia cando políticas decisivas para o futuro como as de índole económica ou social (v.g. o megarregalo aos bancos) son decididas en petit comité por esas elites ás ordes non se sabe de quen, pero desde logo non dos cidadáns? Como xustificar que iso é Democracia cando existen os medios (Internet, telefonía móvil, DNI electrónico, etc.) para poder deixar esas decisións nas mans do pobo soberano? Como podemos estar en modelos de representatividade creados para sociedades do século XVIII cando a tecnoloxía xa permite a Democracia Directa, a única verdadeira democracia?