Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: brilat

5/Marzo/2010 /

Novas obras na base militar da Brilat de Pontevedra atentan contra un conxunto de petroglifos

Veciños e Comunidade de Montes denuncian tamén fortes explosións provocadas polos adestramentos no campo de tiro.


27/Novembro/2009 /

Condenado un policía militar da Brilat por agredir unha manifestante

A resolución subliña que a manifestación na defensa dos montes comunais contaba con autorización e condena ao soldado a pago dunha multa e unha indemnización.


16/Novembro/2009 /

Cogomelos para reivindicar a propiedade do monte

Ante a presenza de antidisturbios, os veciños de Salcedo organizaron unha recollida de setas para exixir o uso libre dos terreos que rodean a base militar da Brilat.


19/Setembro/2009 /

Roteiro arqueolóxico con fins reivindicativos

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra impulsa unha camiñada para revalorizar o patrimonio prehistórico de Lourizán, San Xulián e Salcedo.


9/Xullo/2009 /

O BNG apoia o rexeitamento veciñal ao novo perímetro da Brilat en Pontevedra

Pediralle á Xunta información, e a Medio Ambiente que se pronuncie sobre a afectación que a ampliación lle podería causar a uns petróglifos da zona.


28/Xuño/2009 /

Berro en Salcedo: "Non ás obras ilegais nos montes veciñais"

Dous milleiros de persoas mobilízanse nas proximidades da Brilat denunciando a afectación da franxa de seguridade sobre a propiedade dos veciños.


4/Abril/2009 /

Mobilización cidadá coincidindo co 60 aniversario da OTAN

Actividades antimilitaristas en todo o mundo, tamen en Galiza, onde a Coordinadora "Pontevedra Contra a Guerra" pide a desaparición da Brilat.


Imaxe de vídeo da protesta
10/Decembro/2008 /

"Hoxe á mañá viñeron 50 geos de León e xa non puidemos entrar nas nosas leiras"

Falamos co representante dos veciños que loitan por que as terras comunais da parroquia non sexan 'absorbidas' pola base militar de Figueirido.


9/Decembro/2008 /

Veciños feridos na protesta contra Defensa fronte á Brilat

Unha muller tivo que ser trasladada a un centro médico despois de ser agredida por un Policía Militar durante a concentración en Figueirido.


O presidente, con familiares dos finados, este martes
11/Novembro/2008 /

Chegan á casa os corpos dos militares galegos mortos en Afganistán

Representantes institucionais da Xunta e do Estado participaron nun acto relixioso na súa honra.


9/Novembro/2008 /

Morren en Afganistán dous soldados da Brilat

A ministra de Defensa confirmou a morte dos militares, que formaban parte da brigada con sede en Figueirido. Un dos falecidos é natural de Vigo.


30/Outubro/2008 /

Defensa di que xa lle avisara aos concellos da ampliación da Brilat

Carme Chacón garantiu que esta medida non suporá o derribo de ningunha vivenda. Segundo a concelleira de Urbanismo pontevedresa, a ministra mentiría ao asegurar que informara do asunto.


Soldados da Brilat
27/Agosto/2008 /

"Látego da indiferenza" do Exército español contra a "poboación hostil" de Galiza

Un documento da Brilat ordénalles aos soldados evitar enfrontamentos e non apagar ningún lume agás cando periguen vidas.


22/Febreiro/1999 /

Desenrolo do Turismo en Betanzos

O alcalde socialista Manuel Lagares xa pediu un estudio detallado a varias empresas especializadas no sector. O proxecto principal é buscar unha potenciación do comercio da cidade e das bisbarras colindantes.