Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rexistro de iniciativas no Parlamento

O BNG apoia o rexeitamento veciñal ao novo perímetro da Brilat en Pontevedra

Pediralle á Xunta información, e a Medio Ambiente que se pronuncie sobre a afectación que a ampliación lle podería causar a uns petróglifos da zona.

Redacción / EP - 09:00 09/07/2009
Imaxe da marcha en Salcedo (28-06-2009), cando os veciños Percorreron a pé os terreos próximos á Brilat

Imaxe da marcha en Salcedo (28-06-2009), cando os veciños Percorreron a pé os terreos próximos á Brilat

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou no Parlamento dúas iniciativas parlamentarias relativas ao rexeitamento veciñal á ampliación perímetro da Brilat, en Figueirido (Pontevedra), nas que pide información sobre esta actuación, que depende do Ministerio de Defensa.

Os deputados do Bloque pola provincia de Pontevedra, Bieito Lobeira e Teresa Táboas, interpelarán o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, sobre as previsións que manexa respecto dos plans do Ministerio relativas á consolidación e ampliación das instalacións militares.

"O traslado sería a última alternativa"
Lobeira e Táboas consideran que, ante o rexeitamento veciñal que suscitou a ampliación do perímetro de seguridade da Brilat, unicamente caben as alternativas de "modificar as condicións da ampliación", para que as vivendas e accesos queden desafectados, ou "reducir" a zona militar ou "trasladar" o emprazamento actual.

"O traslado sería a última alternativa, tras falar cos veciños e expor outras solucións", aclararon os deputados nacionalistas, que concluíron que só "se resultan incompatíbeis as necesidades do Exército co desenvolvemento da vida tradicional dos veciños da zona, os militares terán que buscarse outra localización".

Táboas e Lobeira reiteraron que "o BNG está de forma clara e contundente ao lado dos veciños", fronte a unha institución "que data do réxime franquista, cando as forzas armadas españolas realizaban unilateralmente as accións que consideraban, en función dos seus intereses e con independencia dos custos económicos, sociais e ambientais que provocasen na súa contorna". Os deputados nacionalistas consideran que "eses tempos remataron", e sosteñen que o impacto da Brilat de Figueirido sobre a poboación é "brutal". En consecuencia, entenden que os veciños afectados teñen dereito a defender o que é seu de forma individual ou colectiva.

Nese sentido, a interpelación do BNG pregunta a Afonso Rueda se a Xunta ten previsto algunha actuación en defensa dos veciños afectados e se vai demandar do Goberno central algunha rectificación.

Que vai pasar cos petróglifos de Salcedo?
A outra iniciativa do BNG dirixida á Mesa do Parlamento céntrase nas obras que o Ministerio de Defensa realiza en montes veciñais de Salcedo (Pontevedra), para recrear unha aldea afgá.

Concretamente, trátase dunha zona na que existen petróglifos que forman parte do Patrimonio Cultural de Galiza, polo que a Consellaría de Cultura xa ordenou paralizar as obras. Con todo, o BNG entende que tamén se debería pronunciar a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: