Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: africa

30/Setembro/2009 /

Presidente venezuelano inaugura a Radio del Sur

"Para afortalar a cultura e a historia da América Latina, o Caribe e  África e co obxectivo de facer presentes as loitas políticas revolucionarias dos povos do sul do mundo", o presidente venezueano, Hugo Chávez, inaugurou a Radio del Sur.


25/Agosto/2009 /

África reclama 48 mil millóns para axudar a combater o cambio climático

Dez líderes do continente debaten posición común antes da reunión de Copenhague en decembro e piden o compromiso dos países máis ricos.


China lanza unha TV en árabe
28/Xullo/2009 /

China lanza unha TV en árabe

O obxectivo é "servir de ponte" cos máis dunha vintena de países de Oriente Próximo e de África aos que chegará o seu sinal.


24/Xullo/2009 /

Un cable submarino mellora a banda larga en África oriental

A conexión de fibra óptica operada por Seacom incrementará a velocidade de conexión mais os operadores non pretenden baixar os prezos.


Aínda emitindo menos CO2, seis países africanos quedarán sen millo en 2050
10/Xullo/2009 /

Aínda emitindo menos CO2, seis países africanos quedarán sen millo en 2050

Os cultivos deberanse adaptar á nova situación e ser trocados por outros máis tolerantes á ausencia de auga.


8/Xuño/2009 /

Segundo o goberno de Gabón, o seu presidente Omar Bongo non está morto

Padecía un cancro, e segundo os medios franceses, faleceu este domingo en Barcelona. Tiña 73 anos, e gobernaba o seu país dende 1967.


24/Maio/2009 /

O desenvolvemento africano depende da aposta por unha "revolución verde"

O informe "A crise alimentaria ambiental", elaborado polo Programa da ONU para o Medio Ambiente, repara especialmente nos desafíos deste continente.


5/Maio/2009 /

O Teatro do Oprimido chega á Sala Nasa

A compañía de Guiné Bissau representará 'Desejo da mae'.


29/Abril/2009 /

África e Oriente Próximo lideran o crecemento de banda larga móbil

Segundo o estudo, a penetración das redes 3G fronte á mala calidade das redes fixas é unha das causas da súa popularización.


24/Abril/2009 /

Zuma anticípase e celebra a vitoria nunhas eleccións nas que arrasou

O líder do Congreso Nacional Africano, o partido de Nelson Mandela, tería conseguido o 67% do apoio. Unha vitoria na que tivo que ver o pobo zulú.


Os primeiros datos danlle ao partido do Goberno o 62% dos votos en Suráfrica
23/Abril/2009 /

Os primeiros datos dan ao partido do Goberno en Suráfrica o 62% do voto

O Congreso Nacional Africano, ANC, é a forza política maioritaria dende a fin do apartheid, en 1994.


22/Abril/2009 /

Os sudafricanos votan nas eleccións máis competitivas dende a final do Apartheid

As enquisas danlle a vitoria ao African National Congress, o partido de Nelson Mandela. A súa escisión, Congress of the People, ten tamén un apoio importante.


22/Marzo/2009 /

Medio século de historia africana en imaxes

Recomendámoslles un punto de encontro en internet onde peneirar todo tipo de información sobre o continente.


Un lazo vermello preside a entrada norte da Casa Branca, en Washington
17/Marzo/2009 /

Washington rexistra taxas de infección de VIH superiores ás de Burkina Faso

Segundo os servizos de saúde da capital de EUA, a maioría dos seropositivos son varóns negros, e adultos de entre 40 e 49 anos.


17/Marzo/2009 /

Agoiro de multiplicación de conflitos se non hai axudas para as febles economías africanas

Os efectos da crise global fanse sentir en África onde, advirten, se non hai unha atención especial, abrollarán novos puntos de conflito e violencia.


28/Febreiro/2009 /

Onde vai parar o noso lixo electrónico?

The Independent, Sky e Greenpeace seguiron un vello aparello de televisión que chegou a Nixeria, cando nunca debería ter saído do Reino Unido.


22/Febreiro/2009 /

África debe investir en novas tecnoloxías para contribuír ao seu desenvolvemento

Desenvólvense na capital de Etiopía unhas xornadas que analizan a contribución da e-administración á mellora das condicións de vida no continente africano.


Citroën pódese beneficiar do proxecto de autoestrada do mar
20/Febreiro/2009 /

A 'autoestrada do mar', con cabeceira en Vigo, operará antes dun ano

Nunha década alcanzará as 850 mil unidades de transporte intermodal, entra camións e semirremolques.


A homosexualidade é ilegal e puníbel na maioría de África
19/Febreiro/2009 /

O Senado de Burundi rexeita penalizar a homosexualidade

A Cámara baixa aprobou en novembro a norma que contemplaba penas de entre tres meses e dous anos de cárcere.


Morgan Tsvangirai
11/Febreiro/2009 /

Tsvangirai xura o cargo como primeiro ministro de Cimbabue

O líder da oposición e o presidente do país, Robert Mugabe, acordaran en setembro pasado aparcar as disputas e compartir o poder.