O obxectivo é "servir de ponte" cos máis dunha vintena de países de Oriente Próximo e de África aos que chegará o seu sinal.
China quere aumentar a súa influencia
A televisión estatal chinesa Central China (CCTV) lanzou unha canle en árabe dirixida aos países de Oriente Próximo e de África co obxectivo de "servir de ponte para fortalecer a comunicación" entre estas rexións do mundo, en palabras do dirección do ente público.
A emisión, que comezou esta fin de semana, chegará a 22 países de lingua árabe cunha poboación total de case 300 millóns e transmitirá noticias, reportaxes, espectáculos e programas educativos, segundo asegurou a través dun comunicado a CCTV.
Beijing está a realizar un esforzo multimillonario para aumentar a presenza dos seus medios de comunicación no exterior mediante a expansión da canle de TV pública, do Diario Popular do Partido Comunista e da axencia estatal Xinhua, imitando modelos como o da BBC, CNN ou Al Jazeera.