Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Xuntanza en Etiopía

África reclama 48 mil millóns para axudar a combater o cambio climático

Dez líderes do continente debaten posición común antes da reunión de Copenhague en decembro e piden o compromiso dos países máis ricos.

Redacción - 11:55 25/08/2009

Os países máis pobres cargan no seu lombo con máis do 90% do impacto humano e económico xerado polo cambio climático. Mais paradoxalmente, os cincuenta países máis pobres son responsábeis de menos do 1% das emisións de dióxido de carbono. No caso africano, o continente acolle 15 dos 20 países máis vulnerábeis do planeta ao impacto do cambio climático. Son cifras do informe publicado antes deste verán polo Forum Global Humanitarian.

Con eses números na mesa debuxaron a súa proposta os dez países que estes días se reuniron en Etiopía, baixo o paraugas da Unión Africana, para acordar unha posición común do continente fronte á xuntanza internacional de decembro en Copenhague. Xustamente, o propio primeiro ministro etíope foi un dos que este ano protagonizou un discurso esixindo aos países máis ricos "compensacións" para África debido aos efectos causados no chamado terceiro mundo pola contaminación xerada polo primeiro mundo. De xeito concreto, os representantes africanos na reunión desta semana cifraron en 48 mil millóns de euros por ano as necesidades dun plan para garantir a participación activa de África na loita contra o cambio climático.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: