Recomendámoslles un punto de encontro en internet onde peneirar todo tipo de información sobre o continente.
O pequeno abrollo da floricultura en Etiopía, os traballos de refuxiados no Camerún, o negocio funerario congolés, un cociñeiro senegalés que triunfa entre os chefs franceses, o téxtil en Togo... Son algúns dos exemplos que en peza videográfica poden consultar na web A24 Media.
O espazo contén un bo feixe de recursos de interese para os que queiran saber da descoñecida actualidade do continente africano. Entre outros, destacámoslles tamén a base de datos fotográfica, con estampas de todo tipo sobre a vida africana que cobren medio século de historia.