Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recomendacións da ONU

O desenvolvemento africano depende da aposta por unha "revolución verde"

O informe "A crise alimentaria ambiental", elaborado polo Programa da ONU para o Medio Ambiente, repara especialmente nos desafíos deste continente.

Redacción - 10:30 24/05/2009

"Os modelos económicos e de xestión vixentes no século XX é improbábel que lle sirvan á humanidade nun planeta de 6 mil millóns de habitantes que camiña cara a un incremento até os 9 mil millóns en 2050, e isto é particularmente importante no que respecta á agricultura e especialmente válido no caso de África". Así o explicaba hai poucos días Achim Steiner, director executivo do Programa da ONU para o Medio Ambiente (UNEP).

A UNEP chama a apostar por unha "xestión intelixente dos recursos naturais", necesaria para frear a degradación ambiental, e pide investir en infraestruturas sustentábeis. Segundo este departamento da ONU, tal viraxe estratéxica é imprescindíbel fronte ao crecemento demográfico do continente africano e nun escenario onde se agoira que, coas dinámicas actuais, un crecente número de persoas pasará fame en África. Expón a UNEP entre as oportunidades económicas para impulsar unha "revolución verde", a aposta polo sector das enerxías renovábeis ou pola xestión forestal sostíbel, destacándoos como exemplo do crecemento económico baseado en novos modelos socioeconómicos. Por outro lado, a axencia da ONU subliña tamén a importancia que están demostrando ter os microcréditos como ferramenta básica de axuda para a cidadanía.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: