Padecía un cancro, e segundo os medios franceses, faleceu este domingo en Barcelona. Tiña 73 anos, e gobernaba o seu país dende 1967.
Segundo informaban esta segunda feira a axencia AFP, o presidente de Gabón, Omar Bongo faleceu o domingo nunha clínica de Barcelona, onde estaba sendo sometido a un tratamento contra un cancro dende había un mes. Con anterioridade, fora tratado nunha clínica francesa, mais, ao parecer, optou por cruzar a fronteira por medo a ser detido se pisaba o territorio francés. Bongo gobernaba Gabón dende o 1967 e era, con Fidel Castro, o presidente que máis anos levaba no poder. Tiña 73 anos.
O goberno de Gabón desminte a morte do seu presidente
Porén, a media mañá o goberno de Gabón saía ao paso para desmentir esta afirmación. Segundo informou o primeiro ministro, Jean Eyeghe Ndong, o presidente de Gabón, Omar Bongo, "está con vida" e sigue ingresado nunha clínica barcelonesa.
Procurado por corrupción
Bongo foi acusado, sobre todo nos últimos anos, dunha serie de irregularidades económicas.
A súa doenza alimentara a especulacións sobre o seu relevo á fronte do país. O seu fillo, Ali Ben Bongo, que na actualidade é ministro de Defensa, debúllase como un candidato idóneo para ocupar o posto de presidente.