Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para fomentar o debate

Manifesto contra a penalización das inxurias á coroa

Asinado por máis de 50 xuristas, avoga pola abolición deste tipo de penas, ante a preocupación polos xuízos continuos a persoas relacionadas coa queima de imaxes dos reis.

Redacción - 12:00 10/10/2008
Imaxe da campaña 'Jo també cremo la corona espanyola'

Imaxe da campaña 'Jo també cremo la corona espanyola'

Máis de medio cento de xuristas asinaron este manifesto (en .pdf e en catalán) que pide a despenalización das inxurias á coroa. O texto preséntase esta sexta feira nos Colexios de Avogados de Barcelona, Valencia, Palma de Mallorca e Alzira (Valencia), promovido polos letrados Jordi Busquets e Joana Martí, e conta co apoio de entidades como a Comisión de Defensa dos Dereitos da Persoa do Colexio de Avogados de Barcelona e a Asociación Catalá de Xuristas Demócratas de Lleida.

O documento recolle a preocupación deste grupo de avogados polos xuízos continuos a persoas relacionadas coa queima de imaxes da monarquía española, unha "sobreprotección" á familia real que, segundo os asinantes deste texto, "rompe coa igualdade constitucional", ademais de ser unha "limitación directa do exercicio da liberdade de expresión".

O propósito dos impulsores deste manifesto é fomentar o debate. Por isto lle pediron á decana do Colexio de Barcelona, que distribúa o texto a todos os colexiados do través dos órganos correspondentes.


Ligazóns

5/5 (26 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: