Os incidentes non se interpretan "como unha afronta directa contra a persoa de Don Juan Carlos, senón como un ataque á unidade de España e á Constitución".
Diversas imaxes da campaña antimonarquica en Cataluña
O diario conservador madrileño El Mundo recolle na súa edición desta cuarta feira declaracións postas en boca de "medios próximos ao Monarca", nas que se afirma que os incidentes ocorridos en Cataluña nas últimas datas non se interpretan "como unha afronta directa contra a persoa de Don Juan Carlos, senón máis ben como un ataque á unidade de España e á Constitución".
"Ninguén na Casa do Rei acepta facer análises políticas", matiza o diario, mais sinala que se lles transmitiu o interese do monarca en que se lembren "as dificultades que tiveron que superarse para conseguir que a Carta Magna vise a luz", e a sensibilidade do xefe do estado español coa "consolidación do Estado das Autonomías".