Podería o rei ser detido por queimar fotos súas? Mofaríase o monarca da Audiencia Nacional?
Isto e máis argallaron os humoristas do célebre Polònia de TV3 para parodiar a queima de fotos do rei en Catalunya, nunha edición xa emitida pola televisión autonómica. No programa, un dos de máis audiencia en terras catalás, os imitadores de personaxes da política tratan con humor e retranca temas de actualidade.
Rescatamos do Youtube este vídeo do Polònia, pero alí poden verse moitos máis gags do programa.