Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo o Banco Mundial

Os biocombustíbeis son os causantes de que os prezos subisen un 75% dende 2002

O xornal británico The Guardian publica un informe confidencial da entidade internacional que responsabiliza estes compostos da crise alimentaria mundial.

Redacción - 11:30 05/07/2008

Os biocombustíbeis forzaron o prezo dos alimentos a aumentar un 75 por cento dende o ano 2002, segundo di un informe confidencial do Banco Mundial que detallou esta sexta feira o xornal británico The Guardian.

O texto, que foi redactado en abril deste ano, mais que aínda non se publicou, di que o aumento dos prezos da enerxía e dos fertilizantes foi o causante do crecemento de, apenas, un 15 por cento do prezo dos alimentos. Esta parte do documento (que foi elaborado por de Don Mitchell, economista sénior do Banco Mundial), contradí a tese norteamericana de que os biocombustíbeis só contribuíran a aumentar o prezo un 3 por cento, polo que se cre que aínda non foi divulgado para evitar amosar unha postura contraria á administración Bush, e entrar nunha guerra política.

Os biocombustíbeis terminan coa produción de cereais
Segundo o Banco Mundial, o aumento dos prezos dos alimentos fixo que 100 millóns de persoas en todo o mundo se situasen por baixo do limiar de pobreza. De feito, para a entidade, "o rápido crecemento dos rendementos nos países desenvolvidos non orixinou grandes aumentos no consumo mundial de cereais e non foi un factor responsábel da gran suba dos prezos", senón que a responsábel foi, segundo este informe, "a aposta da UE e dos EUA polos biocombustíbeis" a que tivo un maior impacto "de lonxe" na suba dos prezos dos alimentos e na "desaparición" do stock dalgúns alimentos, sobre todo os cereais.

"Sen o aumento dos biocombustíbeis, os stocks mundiais de trigo e millo non terían rexistrado un declive tan acentuado, e o aumento dos prezos, debido a outros factores, sería máis moderado", conclúe o informe, citado polo The Guardian.

No texto tamén hai un anaco de crítica á meta da UE, de empregar no 10 por cento dos transportes biocombustíbeis en 2020.


4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: