Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
"É importante vir aquí e meter o pé no barro"

Lula chámalles 'palpiteiros' aos que afirman que os biocombustíbeis acaban cos alimentos

O presidente brasileiro critica aos eurocentristas que pensan que os cultivos destinados á biomasa son os causantes da suba dos prezos dos produtos alimentares e da fame.

Redacción - 10:30 18/04/2008

O presidente brasileiro, Luiz Inácio Lula da Silva chamoulles "palpiteiros" (algo así como agoireiros ou prognosticadores con non moi boas miras) ás persoas que afirman que a produción de biocombustíbel está a reducir a área de plantación de alimentos e causando a suba do prezo dos produtos.

"É moi fácil ficar sentado nun banco da Suíza 'dando palpite' no Brasil ou na África. É importante vir aquí e meter o pé no barro para saber como a xente vive e saber a cantidade de terras que nós temos e a cantidade e o potencial de produción que nós temos", afirmou Lula.

Entrando na polémica da suba dos prezos dos alimentos
"Como ser humano que precisa comida todo día, eu xamais aceptaría calquera tipo de política de combustíbeis que lle fixese á xente comer nafta (produto derivado do petróleo) e facer combustíbel da soia, ou de outra cousa", afirmou o mandatario brasileiro, ao tempo que rexeitaba a idea de que a alza dos prezos dos alimentos teña a ver co cultivo de produtos destinados a producir biodiesel. O motivo de que suban os prezos, segundo Lula, é o crecemento do consumo de alimentos.

"Non me digan que o alimento está caro neste momento por causa do biodiesel. (...) está caro porque o mundo non estaba preparado para ver millóns de chineses a comer, millóns de indios a comer...", afirmou o presidente brasileiro.
Aumentar a produción agrícola: o grande desafío mundial.

De acordo con Lula, o Brasil está preparado para entrar no debate mundial, na defensa dos biocombustíbeis, mais, segundo dixo, non con paixón, mais si con racionalidade, ao tempo que destacaba que esta cuestión non debe ser discutida dende a óptica europea.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: