Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Organización alimentaria da ONU

A FAO "debería desaparecer"

O presidente de Senegal, Abdoulaye Wade, critica o "desbaldimento de cartos" da axencia, empregado "para facer moi pouco".

Redacción - 12:00 05/05/2008
Abdoulaye Wade

Abdoulaye Wade

O presidente de Senegal, Abdoulaye Wade, pediu a abolición da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO, nas súas siglas en inglés), por considerar que fallou no seu obxectivo de acabar coa fame no mundo.

Wade sinalou este domingo na radio e televisión senegalesas que outras axencias da ONU como o Fondo Internacional para o Desenvolvemento do Agro (IFAD, nas súas siglas en inglés) duplicaron o traballo feito pola FAO e de xeito máis eficiente.

Malia que escusou o seu compatriota e líder da FAO, Jacques Diouf , o mandatario senegalés o "desbaldimento de cartos" da axencia, empregado "para facer moi pouco". "A actual situación está provocada en parte polo seu fracaso, e os berros de alarma non van axudar en absoluto", engadiu.

Abdoulaye Wade dixo que no pasado fixera campaña a prol de trasladar a FAO dende Roma a algún país africano, o continente máis afectado polos recortes no subministro de comida. "Desta volta, vou máis alá; temos que disolvela", considerou.

Biocombustíbeis, China e India, ...

Os seus comentarios chegan xusto cando os panadeiro de Nixeria inician unha folga dunha semana de duración para protestaren polo prezo da fariña e do azucre.

Nos últimos tres anos o prezos dalgúns alimentos básicos aumentaron o dobre, provocando revoltas en África, Asia e Latinoamérica. O aumento no uso dos biocombustíbeis, a crecente demanda de India e China, as malas colleitas, o prezo dos carburantes e o incremento dos custes do transporte son as principais causas.

O Banco Mundial afirma que 2.000 millóns de persoas estanse a ver afectadas pola crise alimentaria, e advertiu que uns 100 millóns poden caer na pobreza extrema.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: