Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Crime contra gran parte da humanidade"

A ONU recoñece a relación de biocombustíbeis, especulación e subida de prezos alimentarios

O relator das Nacións Unidas para o Dereito á Alimentación, Jean Ziegler, suxire unha moratoria de cinco anos na súa produción.

Redacción - 09:00 29/04/2008

O mercado dos biocombustíbeis está causando "un crime contra boa parte da humanidade", laiouse esta semana o sociólogo suízo Jean Ziegler, que estes días remata o seu mandato como Relator especial da ONU para o Dereito á Alimentación.

Aproveitando a súa posición e este treito final de mandato, Ziegler non aforra advertencias e firmeza na súa análise, e mesmo propón unha "moratoria total" na produción de biocombustíbeis durante un mínimo de cinco anos. As súas recomendacións deberán servir para a elaboración dun plan contra a crise alimentaria mundial, que a ONU debate esta semana en Berna.

No seu informe, Ziegler critica por exemplo que a UE se fixe un obxectivo de produción de bioetanol que non poderá cumprir, co que acabará importando materia prima de África, e reproba que os Estados Unidos adiquen xa un terzo da produción de millo como biocarburante. Tamén zoupou contra o FMI, ao que lle atribúe unha fonda responsabilidade no escenario especulativo que multiplica o incremento dos prezos.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: