Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta quinta feira

O facho chega a Nova Deli entre as protestas dos tibetanos exiliados na India

Era un dos percorridos que máis preocupaba aos organizadores despois dos boicots en Londres, París e San Francisco.

Redacción - 18:00 17/04/2008

Despois do acontecido en Londres, París e San Francisco, a capital da India estaba blindada. Quince mil policías custodiaban o percorrido, separado dos poucos curiosos observadores por un valado cuberto con arame con espiñas. Sabíase que a contestación dos tibetanos refuxiados no país (uns 130 mil) ía ser importante.

O camiño que andou o lume foi ben curto e rápido. Setenta atletas foron tomando o relevo, un a un, nos 2,3 quilómetros que percorreu o facho olímpico en Nova Deli.

Ao tempo que o lume percorría a cidade mais noutra parte da cidade, desenvolveuse unha manifestación, na que se pediu a independencia para o Tíbet (e na que foron detidas arredor de 180 persoas), e tamén un relevo alternativo, organizado polos monxes tibetanos que ían portando lámpadas.

Manifestacións por todo o país
As manifestacións contra a chegada do facho desenvolvéronse esta quinta feira por toda a India. Ademais das preto de 180 persoas detidas en Nova Deli, outras 50 foron prendidas en Bombai.

Houbo manifestacións, ao tempo, na rexión de Ladakh, nos Himalaias indios, onde milleiros de persoas, incluídos os monxes, saíron á rúa. Tamén se manifestaron unhas 1.500 persoas en Dharamsala, ao norte do país, lugar no que se refuxia o goberno tibetano no exilio, tamén o Dalai Lama.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: