O conservador Mirek Topolánek súmase ao boicot de outros dirixentes o día que o facho olímpico chega a Paquistán.
O primeiro ministro checo, o conservador Mirek Topolánek, súmase ao conxunto de autoridades mundiais que aseguran non van asistir á cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Beixín: o secretario xeral da ONU, o sur coreano Ban Ki-moon; a chanceler alemá, Angela Merkel; o primeiro ministro británico, Gordon Brown; o primeiro ministro polaco, Jaroslaw KaczyĆski; e o presidente checo, Vaclav Klaus.
O facho olímpico chega esta cuarta feira a Islamabad, ante o temor das autoridades temen de que Al Qaeda ou as milicias islamitas poidan ter artellado algún atentado. A quinta o facho chegará a Nova Deli, onde os exiliados tibetanos teñen organizada unha gran protesta.
En Nova Deli...
Calcúlase que hai á volta de 130 mil refuxiados tibetanos vivindo na India dende que a revolta de 1959 forzou o exilio do Dalai Lama. De feito, o goberno tibetano no exilio ten a súa sede na cidade de Dharmsala, ao pé do Himalaia.
Nesta semana as autoridades indias xa detiveron sete manifestantes contra o paso do facho e pola independencia do Tíbet en Nova Deli, e temen que mañá se poida repetir o caos de Londres ou París.