Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
UNHA TRINTENA DE DETIDOS

Tentan apagar o facho olímpico no seu paso por Londres

Producíronse numerosas protestas durante toda a fin de semana, protagonizadas por manifestantes pro-tibetanos.

Redacción - 14:21 06/04/2008

Dous manifestantes foron arrestados despois de tentar apagar o facho olímpico, que este domingo está sendo paseado pola rúas de Londres por numerosos deportistas e personalidades. A detención dos dous activistas causou balbordo entre a xente que se apostaba nos lados da rúa para ver a chama olímpica pasar por Ladbroke Grove. Os detidos portaban extintores cun letreiro no que se lía 'Extintor da propaganda'.

As protestas en toda cidade pola represión chinesa contra o pobo tibetano tiveron xa como consecuencia unha trintena de detidos entre o sábado e o domingo. Londres acollerá os Xogos Olímpico de 2012, tomando o relevo de Beixín.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: