Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise no país asiático

O enviado especial da ONU reúnese co líder da Xunta Militar de Birmania

O goberno enmarca as protestas contra o réxime nunha estratexia "neocolonialista" de desestabilización.

Axencias - 11:35 02/10/2007

O enviado especial da ONU en Birmania, Ibrahim Gambari, reuniuse este martes co líder da Xunta Militar, o xeneral Than Shwe. Fontes diplomáticas indicaron aos xornalistas que a entrevista produciuse na capital do país, Naypyitaw, no búnker da cúpula militar.

Than Shwe, considerado como o principal obstáculo para a democratización de Birmania, acordou este luns falar con Gambari, que chegou a Birmania o sábado e só se entrevistou con rangos medios da Xunta Militar. O diplomático de Nacións Unidas tamén mantivo un encontro dunha hora o domingo en Rangún coa líder do movemento democrático birmano, Aung San Suu Kyi.

Por outra banda, o ministro de Asuntos Exteriores birmano, Nyan Win, xustificou a represión das manifestacións en favor da democracia no seu país porque son parte dunha estratexia "neocolonialista" de desestabilización. As forzas de seguridade suavizaron a súa presenza en Rangún, informan as axencias internacionais.

  • Máis información:
Blog ko htike's prosaic collection, dun disidente birmano no país.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: