Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise no país asiático

O exército ocupa os mosteiros budistas de Birmania e corta o acceso a internet

Tropas destinadas no centro e no sueste do país diríxense cara a Rangún, e dúas divisións e varios avións militares están mobilizados.

Redacción - 11:18 28/09/2007
O exército disparou botes de fume para dispersar as protestas, este xoves en Rangún

O exército disparou botes de fume para dispersar as protestas, este xoves en Rangún

Segundo a emisora de radio Mizzina, tropas do exército de Birmania diríxense cara a Rangún dende o centro e o sueste do país e detectouse "movemento" en polo menos dúas divisións de Infantería, namentres que avións militares despegaron da base de Matehtilar. Descoñécense polo momento nin o motivo nin a súa misión. O que si xa se confirmou é que se cortou a posibilidade de acceder a internet.

A Xunta Militar xa mobilizou o pasado martes desde o leste do país a guerrilleiros do Exército Democrático Karen Budista (EDKB), un grupo escindido da Unión Nacional Karen (UNK), que conta con máis de 5.000 combatentes, e representa a preto de sete millóns de persoas pertencentes á tribo karen.

Mosteiros pechados
Ademais, a principal cidade do país, Rangún, amenceu este venres entre maiores medidas de seguridade para conter as protestas. Os militares pecharon o acceso a varios mosteiros, entre estes as págodas de Shwedagon e Sule, onde este xoves houbo varios tiroteos contra os manifestantes.

Até este momento, a represión das manifestacións pacíficas nesa e noutras urbes birmanas, segundo datos da axencia Efe, causou a morte de polo menos 15 persoas, entre as que se encontran varios monxes budistas e un fotógrafo xaponés.

  • Máis información:
Blog ko htike's prosaic collection, dun disidente birmano no país, con fotos e vídeos das cargas. (Nota: O goberno cortou o acceso á internet en todo a país dende este xoves)


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: