Máis información:
Policías birmanos cargaron na mañá desta cuarta feira contra centos de manifestantes en Rangún, antiga capital de
Birmania, para intentar reprimir pola forza as mobilizacións pacíficas que dende hai días protagonizan
monxes budistas e sectores da oposición política e civil.
Algunhas testemuñas aseguran que polo menos dez monxes foron golpeados polas forzas de seguridade, mentres que outras fontes aseguran que detiveron a uns 80 relixiosos e están utilizando gas lacrimóxeno para dispersar aos manifestantes.
Preto dun milleiro de birmanos saíron ás rúas de Rangún pouco despois de que os soldados cargasen con disparos ao aire e botes de fume, segundo informa a axencia
Efe.
Primeira noite de toque de quedaGrupos de monxes birmanos desafiaron nesta xornada a prohibición de manifestarse e renovaron as protestas contra a
Xunta Militar, tras expirar a primeira noite de toque de queda imposto o martes para reprimir as mobilizacións nas que participan decenas de miles de persoas en todo o país.
Ademais, dous dos líderes opositores que encabezaron as protestas foron detidos na madrugada do martes á cuarta feira: Win Aing e Zaganar, un dos cómicos máis famosos do país.
Decenas de soldados armados con fusís acordoaron a pagoda de
Shwedagon, en Rangún, e montaron barricadas noutros puntos da cidade.