Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Comeza a Vuelta máis galega

Seis corredores galegos participan na competición, que arranca o sábado en Vigo.

Redacción - 13:00 01/09/2007

A Vuelta Ciclista a España comeza, despois de once anos, no noso país. As tres primeiras tiradas desenvolveranse polo noso territorio. A primeira, que comeza pouco despois da unha da tarde do sábado, terá saída e chegada en Vigo e unha extensión de 153,4 quilómetros.

Ademais de ser escenario da competición, Galiza está representada por un equipo, o Karpin Galicia, e seis deportistas: Ezequiel Mosquera, Gustavo Domínguez, Serafín Martínez, David García e Gustavo Veloso, e un dos favoritos, Óscar Pereiro, no cadro do Caisse d’Epargne.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: