O Karpin Galicia comeza o Circuíto Getxo, que, cumpre, igualiño que a 'Vuelta a España', sesenta e dous anos.
David Herrero viaxa a Getxo, depois de ficar cuarto en Ordizia
O profesional equipo galego, ás ordes de José Anxo Vidal, levará para carreira biscaíña a Gonzalo Rabuñal, Luís Fdez. Oliveira, Eduard Vorganov, Enrique Salgueiro, Gaizka Lasa, Juan Fco. Mourón, Serafín Martínez e David Herrero.
Herrero, cuarto o pasado día 25 de xullo na Clásica de Ordizia, será a baza máis firme do equipo para esta proba de 185,35 quilómetros, que se cubrirán logo de dar once voltas a un circuíto de 16 Kms.
Na liña de saída, co Karpin Galicia, estarán o Andalucía-Caja Sur, Team Slipstream, Caisse d'Epargne, Euskatel Euskadi, Nicolás Mateos, Relax-GAM, Orbea-Oreka-SDA, Viña Magna-Cropu, Fuerteventura-Canarias, Saunier Duval-Prodir e Estremadura-Spiuk.
Á formación que dirixe Álvaro Pino, espéralle un denso calendario nos primeiros quince días de agosto, coa Clásica de San Sebastián, a Volta a Portugal, a Subida ao Urkiola e a Volta a Burgos. Despois os corredores galegos van coller un tempo para eles, no que preparar a 'Vuelta a España', que este ano sae dende Galiza.