O vicepresidente da entidade e secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, confirmou, no entanto, que o equipo cumpriu os requirimentos da UCI para ter licenza en xaneiro.
Poderemos ver o novo maillot do clube o 26 de agosto, durante a presentación da participación do equipo galego na 'Volta a España'.
Álvaro Pino é optimista co estado do equipo, e especialmente coa forma de Ezequiel Mosquera, noveno esta semana na Volta a Castela e León.