E foron recibidos pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, quen os felicitou por un novo éxito mundial. Os regatistas veñen de China, onde estiveron adestrando para os XXOO.
Chegaron líderes a unha última xornada que non se celebrou por mor da falta de vento. Nesta proba dábanse o 75 % das prazas dos Xogos Olímpicos
Os dous galegos da clase tornado xa acadaron, na xornada da quinta, a primeira posición no Mundial, que remata na segunda feira.
O dous regatistas subiron na cuarta feira dous postos e xa son segundos de Tornado no Mundial de Cascais, que para esta clase finaliza a vindeira segunda feira.
Na xornada da cuarta feira comeza o campionato do Mundo na vila portuguesa de Cascais no que participarán seis galegos dentro do combinado estatal. Tres deles son as principais bazas da selección.
Os regatistas forman parte de selección estatal que estará en Portugal do 28 de xuño ao 13 de xullo. Trátase dunha cita crucial, da que saen o 75 % das prazas para ir aos Xogos Olímpicos de Pekín 2008.