Chegaron líderes a unha última xornada que non se celebrou por mor da falta de vento. Nesta proba dábanse o 75 % das prazas dos Xogos Olímpicos
Os regatistas galegos volveron gañar o Mundial da clase tornado nas augas portuguesas de Cascais, aínda que xa se tiñan clasificado antes para os Xogos Olímpicos do ano que vén.
A regata final, a Medal Race -que puntúa o duplo- non se celebrou por mor do forte vento, e a organización outorgou o liderato definitivo ao dueto galego, que xa era líder dende antonte.
Echavarri e Paz terminaron como campións do mundo por diante dos belgas Brouwer e Godefroid e dos holandeses Booth e Nieuwenhuis.