Na xornada da cuarta feira comeza o campionato do Mundo na vila portuguesa de Cascais no que participarán seis galegos dentro do combinado estatal. Tres deles son as principais bazas da selección.
Sobre a parella formada polos galegos Fernando Echavarri e Antón Paz, na clase tornado, estarán postas case todas as olladas do público, xa que parten como claros favoritos nesta proba.
Nos Mundiais, que se celebran en Cascais até o 13 de xullo, tamén está presente o coruñés Chuny Bermúdez de Castro, que fai equipo co cántabro Pablo Arrarte, que na clase Star constitúen unha das principais baza do combinado estatal. Nesta competición están en xogo 11 títulos mundiais, un por clase, ademais das tres cuartas partes dos pasaxes para ir directamente aos Xogos Olímpicos de Pekín 2008.