Un proxecto cultural promove a creación dun espazo común e multi-disciplinar para que os artistas do Morrazo teñan onde exhibir as súas creacións.
O posicionamento das diferentes formacións sobre as obras do porto deportivo de Salgueirón sitúan ao grupo de goberno a un fío da súa ruptura.
A Plataforma pola Conservación do Litoral de Bueu Anduxía presenta alegacións ante a Xunta e pide a retirada total do proxecto do polígono industrial do Morrazo.
Até catro espectaculares citas para os afeccionados á música tradicional.
Este sábado 28 de xuño o colectivo "Cangas non se vende" tomará man da música para recordar a súa loita.
Luita Verde ante a celebración mañá 22 de abril do Dia da Terra, e xa que este ano se adica ao cambio climático, quere denunciar as política continuista do actual goberno da Xunta do BNG-PSOE con respecto ao anterior do PP en materia de transporte, baseada no financiamento de grandes cantidades de diñeiro na construcción de máis vías de alta capacidade e agora tamén do tren de alta velocidade (AVE), e tamén de ampliacións de portos e aeroportos, que só favorece o negocio das grandes empresas da construcción e o modelo do transporte privado e a cambio nos perxudica polo grave e irreversible impacto ambiental da construcción das infraestructuras, a contaminación acústica que provoca e as grandes cantidades de gases de efecto invernadeiro á atmósfera que emite á atmósfera o tráfico rodado, e que pasan por ser as segundas en importancia, despóis das industriais, aínda que para os núcleos habitados, pasan por selo primeiro pola súa proximidade
Luita Verde e Amig@s do Morrazo Verde denunciaron formalmente e por escrito ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a instalación de parte do circuito de saltos nas proximidades de Menduíña, na parroquia de Aldán do concello de Cangas, dentro da zona protexida do Lugar de Importancia Comunitario (LIC) de Udra, da Rede Natura, con motivo da celebración o pasado domingo 16 de marzo do campeonato galego de trial organizado pola Federación Galega de Motociclismo e a colaboración da Fundación Deporte Galego, a Consellería de Cultura e Deporte, a Diputación de Pontevedra e Caixanova, solicitando a apertura dun expediente sancionador e que se prohiba a celebración deste tipo de eventos no futuro para que non se volte a repetir o sucedido, como tamén a circulación de vehículos motorizados polo citado LIC de Udra, do que temos constancia que está a ser unha costume ó longo do ano.