Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: innovacion-e-industria

11/Decembro/2008 /

Galinux comeza a súa andaina coa distribución de cinco mil cedés

A directora xeral de Promoción Industrial datou para a próxima lexislatura a migración da administración pública ao software libre.


3/Decembro/2008 /

O I+D+i do país preséntase perante Europa

Deuse a coñecer en Bruxelas a rede que integra 17 plataformas tecnolóxicas de sectores estratéxicos.


9/Outubro/2008 /

Innovación e Agasol promoverán o software libre entre o empresariado

A consellaría e a asociación de empresas de software libre acordaron organizar actividades de difusión do código aberto cun investimento de 20 mil euros.


1/Setembro/2008 /

Igalia desenvolve software libre móbil co apoio de Industria

A firma da Coruña céntrase na plataforma Gnome/Maemo, que empregan dispositivos da compañía Nokia, e pretende aplicar o seu traballo á sociedade galega.


26/Agosto/2008 /

Outros vinte polígonos disporán de banda larga en 2009

A Consellaría de Innovación e Industria fai pública unha nova convocatoria para a prestación do servizo sen fíos en áreas industriais que carecían del.


22/Xullo/2008 /

Unha rede de cinco parques tecnolóxicos tratará de impulsar 550 empresas e crear 6 mil empregos en cinco anos

A Tecnópole de Ourense será o centro dun plan do Goberno que contará tamén con terreos en Lugo, Vigo, A Coruña e Santiago.


Fernando Blanco
14/Xullo/2008 /

Plans TIC para o eido local serán obxectivo das novas axudas á promoción das novas tecnoloxías

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco deu conta da ampliación dos convenios co ministerio no marco do Plan Avanza.


28/Maio/2008 /

Os gañadores dos Galicia de Investigación recolleron os premios en Compostela

Os premiados foron Carlos Pajares, polo estudo da orixe do universo, e os novos investigadores Miguel Ángel Correa, en nanotecnoloxía, e Roberto López, en telecomunicacións.


Quintana e Blanco, no acto de presentación
7/Maio/2008 /

O PEGSI acelera o paso "da sociedade do cemento á do coñecemento"

O vicepresidente da Xunta participou na presentación do informe, onde se destacou a plataforma Vindeira ou o superordenador FinisTerrae.


Carlos Pajares
17/Abril/2008 /

A Consellaría de Innovación premia o labor investigador de Carlos Pajares

A distinción a novos investigadores recaeu conxuntamente no químico Miguel Anxo Correa e no enxeñeiro en telecomunicacións Roberto López Valcarce.


15/Abril/2008 /

Innovación lanza dous novos portais dirixidos ás pequenas empresas

Unha das webs inclúe todo tipo de recursos para as pemes, mentres que a outra contén ligazóns ás outras páxinas da consellaría da mesma temática.


20/Febreiro/2008 /

O conselleiro de Industria pide medidas para reducir o impacto da fin da tarifa nocturna

Fernando Blanco criticou a falta de información que achegou o goberno español sobre a supresión, prevista para xullo.


9/Xaneiro/2008 /

A Consellería de Industria destina 5 millóns á promoción das novas tecnoloxías nas empresas

Fernando Blanco salientou o avance do sector no país, que xa dá emprego a máis de 14.000 persoas.


21/Novembro/2007 /

Un bote de rescate de deseño galego, premiado nos EUA

O prototipo creado por Aister e Aimen está construído en aluminio e soldado de xeito robotizado.


12/Novembro/2007 /

O 82% dos galegos xa poden acceder a internet por banda larga

Dous de cada dez fogares ainda deberán esperar un ano máis pola alta velocidade, malia que se o plan se cumpre, en 2008 a cobertura será por fin plena.


17/Outubro/2007 /

Fixando estratexias comúns contra os botellóns

Os alcaldes das sete cidades galegas xuntaranse en Compostela para estabelecer unha estratexia común e poder enfrontarse aos problemas que están a xerar os botellóns.


18/Setembro/2007 /

Concedidas as axudas para cursos de novas tecnoloxías

Máis dun cento de iniciativas de asociacións e universidades repartiranse dous millóns de euros