Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: gripe-porcina


29/Abril/2009 /

Cataluña rexistra o primeiro contaxio do H1N1 entre humanos fóra de México

Ao tempo que a OMS cavila elevar o nivel de alerta, o Centro Europeo de Prevención avalía que o virus podería causar mortes tamén en Europa.



28/Abril/2009 /

Suspenden o concerto de Budiño en México pola gripe do porco

O gaiteiro de Moaña ía actuar na capital do país os días 7, 8 e 9 de maio.


28/Abril/2009 /

Nova Celandia, Israel, Reino Unido... o andazo vira global

Sete países informaron xa de casos positivos do virus H1N1 en todo o mundo e outra media ducia comunica de posíbeis abrollos pendentes de confirmar.


28/Abril/2009 /

Sen confirmación sobre o veciño de Mos e segundo caso de gripe porcina a nivel estatal

Até o mércores podería non coñecerse o resultado das probas ao veciño da vila pontevedresa. Mentres, o Ministerio de Sanidade revela outro caso da enfermidade en Valencia.


A gripe porcina podería alargar o período de crise económica
28/Abril/2009 /

A gripe porcina podería alargar o período de crise económica

Segundo un cálculo feito o ano pasado polo Banco Mundial, unha pandemia podería provocar que o PIB mundial caese cinco puntos.


28/Abril/2009 /

O Ministerio de Sanidade eleva a 26 os casos "sospeitosos" e mantén só un confirmado

En Galiza aínda se está a estudar o primeiro posíbel caso dunha persoa de Mos que volveu dunha viaxe de México.



Un terremoto de magnitude 6 sacode o sur de México
27/Abril/2009 /

Un terremoto de magnitude 6 sacode o sur de México

O sismo sentiuse nunha conferencia de prensa en que o ministro de Saúde, José Ángel Córdova, daba os últimos datos sobre a gripe porcina.


27/Abril/2009 /

Confirmado o primeiro caso de gripe porcina no Estado Español

Segundo informou a ministra de Sanidade, trátase dun mozo da cidade castelá-manchega de Almansa que volveu dunha viaxe a México.


27/Abril/2009 /

Que é a gripe porcina?

Dispoñibilizamos as respostas ás preguntas máis frecuentes sobre o virus da gripe porcina e as súas características, así como o xeito no que afecta os seres humanos.


27/Abril/2009 /

México estima que xa son 103 as persoas mortas pola gripe porcina

No Estado Español chegan a oito os posíbeis afectados. No noso país, "de momento non hai constancia de ningún caso sospeitoso de contaxio".


25/Abril/2009 /

México decreta o estado de máxima emerxencia sanitaria por unha rara gripe porcina

O brote, que afecta os humanos, xa causou máis de sesenta mortes e estendeu a alarma a EUA e Guatemala. A OMS anuncia a constitución dun comité de expertos.